Esta I Xornada diocesana está organizada pola Mesa Social da Infancia e da Familia da diocese de Mondoñedo-Ferrol, creada en outubro de 2022 como un espazo de reflexión e traballo colaborativo constituido polas entidades católicas do eido social con vinculación ás áreas de infancia e/ou de familia, co obxectivo principal de sumar esforzos nos campos d formación, do traballo en rede, da sensibilización e da comunicación, acompañando aos nenos, nenas, adolescentes e as súas familias.
Co gallo da celebración do Día da Infancia, queremos realizar esta xornada diocesana para dar visibilidade aos dereitos dos menores e fomentar a súa participación nas actividades do tempo de lecer.
Trátase dunha xornada de encontro para as familias con menores da nosa diocese, e transcurrirá de xeito sumultáneo en dúas localidades, Foz (Colexio O Pilar) e Ferrol (Colexio Sagrado Corazón-Mercedarias), para facilitar a asistencia e a participación de todas as familias e grupos de catequese que queiran asistir.
O programa da xornada é o seguinte:
10:45 h. Acollida.
11:00 h. Eucaristía.
12:00 h. Actividades de lecer para os rapaces.
13:30 h. Lectura do Manifesto.
14:00 h. Despedida e peche.
A xornada rematará coa lectura dun manifesto preparado coa participación dos propios rapaces, para dar visbilidade a seis dereitos que todos temos que garantir: dereito a ser felices, dereito a un lecer e tempo libre saudables, dereito a sentirse queridos, dereito a participar, dereito a ser escoitados e dereito a xogar.
Desexamos dar as grazas a todos os que participan co seu tempo e agarimo no desenvolvemento desta xornada: aos sacerdotes que presidirán as celebracións eucarísticas en Foz e Ferrol; ás delegacións diocesanas de Catequese e Catecumenado, Ensino, Xuventude e Leigos, Familia e Vida, e a todo o seu voluntariado; e, como non, aos colexios que desinteresadamente nos ceden as súas instalacións neste día: Colexio Nosa Señora do Pilar (Foz) e Colexio Sagrado Corazón-Mercedarias (Ferrol).