O vindeiro día 14 de maio celebrarase no santuario dos Milagres de Ourense o Xubileu dos sacedotes das cinco dioceses de Galicia. Os presbíteros peregrinarán, segundo indica o programa da xornada, cara o santuario, para recibir alí o sacramento da penitencia, celebrar a eucaristía e facer a profesión da súa fe. Este ano, cunha lembranza especial do papa Francisco, recentemente falecido.
A acollida na contorna do santuario será ás 10:45 horas, para, a continuación, recibir unha catequese-testemuño por parte do arcebispo emérito de Pamplona-Tudela, monseñor Francisco Pérez González. De seguido terá lugar a celebración penitencial, ás 12:00 horas, e a eucaristía ás 13:00 horas, para rematar cun xantar.
A festa sacerdotal celebrarase este ano o 12 de xuño
Doutra banda, segundo informa o delegado do Clero, a festa sacerdotal de San Xoán de Ávila, na que tradicionalmente se homenaxea aos presbíteros que celebran as súas vodas sacerdotais, non se celebrará este ano o 10 de maio. «Xuntarémonos», sinala Antonio R. Basanta, «en Mondoñedo, na festa de Xesucristo sumo e eterno sacerdote, o xoves 12 de xuño».
Os sacerdotes que serán homenaxeados este 2025 son os seguintes:
· Vodas de prata (25 anos): Rvdo. Jesús Álvarez Piñón e Rvdo. José Eduardo Silva Parada.
· Vodas de ouro (50 anos): Rvdo. Vicente Bretal Sande.
· Vodas de Diamante (60 anos): Rvdo. Ignacio Díaz Veiga, Rvdo. Avelino González
Loureiro e Rvdo. Rafael Lombardero García.
· Vodas de platino (70 anos): Rvdo. Virgilio Barro Casabella e Rvdo. Jesús Vázquez Paz.









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















