A axuda forma parte das actuacións para a mellora paisaxística e embelecemento de bens e recursos que se atopan no Camiño de Santiago
O templo encádrase no territorio histórico do Camiño Norte a Santiago
A ermida de Guadalupe atópase no concello de Mondoñedo, na parroquia de Santa María de Vilamor, no barrio de Grove. A edificación presenta na actualidade un deficiente estado de conservación, polo que a Xunta de Galicia e o concello de Mondoñedo confinanciarán, cun orzamento de 20.000 euros, a rehabilitación da súa cuberta.
A obra solicitada refire á mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopan no Camiño de Santiago, perseguindo a posta en valor do Camiño como elemento do territorio histórico do Camiño de Santiago do Norte.
O prazo de execución estímase en tres meses. Os traballos que engloban estas axudas centraranse na rehabilitación da cuberta da capela, seguindo os principios de conservación e restauración. As obras propostas actuarán nos elementos deteriorados, substituíndo unicamente os estritamente necesarios por outros de características similares, axustándose á tipoloxía orixinal da edificación. Realizaranse tamén tarefas de limpeza de restos vexetais na cuberta, limpeza das vigas, trata da madeira con produtos fronte os insectos e fungos de pudrición e recolocaranse os elementos de remate da cuberta de lousa.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















