A delegación diocesana recomenda a utilización de espazos amplos e ventilados, extremar as medidas de hixiene e favorecer os medios telemáticos
Tralo anuncio do endurecemento das restriccións feito recentemente pola Xunta de Galicia, no que se ven afectados moitos concellos da nosa diocese, e ante as dúbidas surxidas nas familias en canto ao desenvolvemento do curso da Catequese nas parroquias, a delegación diocesana vén de comunicar o seguinte:
"Non se esperan variacións no ámbito da Catequese, segundo o establecido nas últimas indicacións propostas polo Secretariado de Catequese de Galicia:
· Grupos cun máximo de 9 nenos/xóvenes.
· Utilización de espazos amplos, con boa ventilación; incluso pode facerse na mesma igrexa.
· Extremar as medidas hixiénicas.
· É desexable, dentro das posibilidades da propia parroquia, favorecer a utilización de aulas virtuais e medios telemáticos (que permitan manter as reunións en caso de maiores restriccións)".
Calquera dúbida que poda aparecer, estamos coma sempre á vosa disposición no 981 35 32 95 e no email dcatequese@mondonedoferrol.org. Na web de Catequese de Galicia atoparedes todos os materiais oficiais do curso e moitos recursos para as familias e os catequistas.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















