Cáritas Diocesana acompañou a máis de 5.000 persoas durante o ano 2020

Destaca as dificultades de acceso ao Ingreso Mínimo Vital

Propón un cambio no modelo de doazóns, prioirizando as económicas fronte as axudas en especie, favorecendo a dignificación da persoa

A entidade presentou en rolda de prensa a súa Memoria de Actividades co gallo da Semana da Caridade

3 de xuño de 2021.- Cando falamos da presentación da nosa Memoria anual, estamos rendindo contas ante a sociedade en xeral, e ante todas as persoas e entidades que, coa súa contribución, fan posible que outro mundo sexa posible

O noso administrador diocesano actual, don Antonio Valín, na introdución da Memoria de Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol correspondente ao pasado ano 2020, fai unha analoxía cun tapiz, que cando se vai artellando, vemos moitos fíos aparentemente desordenados e cunha imaxe pouco atractiva, pero cando se lle da a volta, descúbrese unha obra de arte e a súa beleza

As tres ideas clave que Cáritas quere presentar no Día da Caridade son:

1. A ESPERANZA. – Estamos chamados a unha normalidade máis xusta e equitativa para tódalas persoas desde a esperanza e a oportunidade de facer a vida nova e mellor

2. A PROXIMIDADE. – Queremos poñer en valor a proximidade, esas relacións de cercanía e coidado que nos axudan a saír de nós mesmos con xenerosidade e solidarizade cara ós demais

3. A FRATERNIDADE. – A pandemia, e a súa crise sanitaria e social, deixounos unha sociedade de vidas rotas, marcando un antes e despois na vida das persoas que atendemos. Só fomentando os lazos de colaboración, a axuda mutua e as relacións de coidado, en clave de fraternidade, poderemos saír desta crise. A sociedade constrúese desde as comunidades locais, onde tódalas persoas temos a responsabilidade de vincularnos e facernos cargo do que acontece

PERSOAS

Ao longo de todo o ano 2020, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol deu resposta a 5.096 persoas en situación de exclusión ao longo de todo o territorio diocesano a través dos seus diferentes programas e das 406 persoas voluntarias, 36 Cáritas parroquiais e 14 traballadores propios.

Investíronse algo máis de 506.000 euros en axudas directas, sendo as partidas de gasto máis importantes a das necesidades básicas, formación para o emprego e os gastos relativos á vivenda.
 

ACOLLIDA E ACOMPAÑAMENTO

Na rede diocesana de acollida e acompañamento, 4.623 persoas foron acompañadas (1.756 familias), das que o 54% son mulleres e o 68% son españois. Este é o perfil maioritario que acompaña Cáritas na nosa diocese, con maior concentración de persoas nas áreas urbanas de Ferrol e Narón.

Ademais Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol atendeu mediante os seus programas especializados a:

– 311 persoas sen fogar.

– 115 persoas en procesos de formación e inserción laboral, 95 persoas pasaron por accións formativas e 19 persoas puideron optar a un emprego.

– 174 persoas migrantes, pasaron polo servizo de asesoramento xurídico. Os países de procedencia maioritarios destas persoas son Colombia e Venezuela, seguidos de Perú e Cuba.
 

CENTROS E TALLERES

Cáritas promove accións que favorezan a promoción das persoas conxuntamente a creación de vínculos entre elas, motivando relacións interpersoais sólidas que humanicen a súa vida, a través dos nosos Centros e talleres.

Neste sentido contamos con:

– O centro de día de Inclusión Social “Gabriel Vázquez Seijas” en Ferrol que ofreceu no 2020:
* Servizos de almorzos e merendas para 255 persoas
* Servizos de duchas e lavandería para 63 persoas
* 28 persoas usaron o Punto Net
* 10 talleres socioeducativos

Todo isto coa participación de 91 persoas voluntarias que colaboran en todos os servizos do centro e permiten su apertura os 365 días do ano.

– 4 pisos de tránsito á vida autónoma en Narón polo que pasaron 15 persoas sen fogar en busca dunha nova oportunidade para recuperar a súa vida.

– 5 pisos de emerxencia en Ferrol para familias con menores en situación de exclusión severa, con 22 persoas aloxadas, entre os que se contaron 11 menores, no 2020.

– As clases de reforzo escolar a menores en Ferrol e Alfoz-Valadouro con 20 menores acompañados.

– O taller promocional da muller xitana en Ferrol, no barrio de Caranza, ao que acudiron con grandes limitación debido a crise sanitaria 36 persoas aos talleres de alfabetización e costura, e 13 menores en clases de apoio escolar.

– E os talleres de alfabetización, clases de español e habilidades sociais para adultos desenrolados dentro das limitacións sanitarias  en As Pontes, Vilalba e Valadouro, polo que pasaron un total de  29 persoas migrantes no 2020.
 

FINANCIAMENTO

Cáritas de Mondoñedo-Ferrol investiu no ano 2020 un total de 896.296,37 euros, dos cales, máis de 719.000 euros (80,3%) foron directamente destinados aos programas de acción social desenvolvidos dende Cáritas Diocesana.

As principais fontes de ingresos de Cáritas Diocesana son as subvencións de organismos oficiais (26,6%), a achega do IRPF 0.7% a acción social (17,3%) e as colaboracións periódicas de socios e doantes (20,4%).

Destacamos en este apartado o incremento nas doazóns que tivo lugar no 2020 incrementándose nun 90% con respecto ao ano anterior. Agradecemos dende aquí de todo corazón a sensibilidade e resposta de toda a cidadanía, asegurándolles a bo destino do seu xesto.
 

CÁRITAS FRONTE A CRISE SANITARIA DO COVID-19

A continuación detallamos como afectou en cada unha das nosas áreas de traballo social a crise sanitaria do Covid-19:

Na rede de acollida e atención primaria  desenrolada a través do noso programa TECENDO REDES:

• Houbo unha redución case total da entrega de alimentos en especie, un cambio que chegou de maneira “acelerada” pola crise sanitaria pero que estaba dentro dunha aposta pola dignificación na entrega de alimentos, pasando al uso de vales ou tarxetas prepago para comercios de alimentación.

• Produciuse unha importante renovación do voluntariado, dando paso a novos grupos e mais xoves.

• A situación das axudas no 2020 foi contida polas axudas proporcionadas pola administración, principalmente a través da tarxeta moedeiro para alimentación e hixiene, axudas emerxencia municipais extraordinarias, IMV, ERTES.  O que si derivou de todo isto foi o incremento de traballo para a xestión destes trámites que pasaron a ser telemáticas e conlevou a un esforzo no asesoramento e acompañamento para que a xente fixera uso dos seus dereitos.

• Durante o confinamento proporcionáronse teléfonos de emerxencia e fíxose sempre atención aínda que mediante cita previa.

• Para isto, o voluntariado tivo que facer un gran esforzo preservando as medidas de seguridade e hixiene e formándose e adaptándose igualmente á nova realidade, novas axudas e novos métodos de traballo.

Na área de FAMILIA E INFANCIA:

• Houbo unha paralización das actividades grupais durante o tempo de confinamento, aínda que estivemos sempre en contacto telefónico coas familias acompañadas.

• Sustitución do acompañamento a menores de forma presencial a telemático nas tarefas de reforzo escolar e mentoría social.

• Impresión e reparto de tarefas escolares durante o período de confinamento. Mediación cos colexios, para que os alumnos das familias vulnerables non perdesen o fío do curso.

• Formación parental e de menores as ferramentas informáticas escolares para combatela fenda dixital.

En relación ao programa de PERSOAS SEN FOGAR:

• Coordinación con todas as entidades sociais para organizar os recursos, de especial necesidade durante o confinamento domiciliario.

• Intensa procura  de recursos habitacionais para este perfil e sustentación durante o confinamento domiciliario.

• Continuación dos servizos de hixiene e de almorzos durante toda a pandemia.

• Servizo de atención a emerxencias 24 horas.

No ámbito do EMPREGO:

• Cambios nas modalidades dos cursos a modo virtal, polo que houbo que facer unha notable inversión en ferramentas para o desenvolvemento destas actividades.

• Se identificou unha importante dificultade engadida para o acceso a realización de prácticas en empresas e unha notable ralentización dos procesos formativos por este motivo.

No eido do VOLUNTARIADO:

• Numerosas baixas de voluntariado na diocese por motivos de idade, saúde, medo.

• Novo voluntariado xoven: contamos con voluntariado de diversas asociacións e entidades que prestaron a súa axuda durante toda la crise.

E por ultimo na área de PEROAS MAIORES:

Iniciamos o programa Con-vivindo, destina ao acompañamento a maiores en situación de soidade non desexada. A crise nos obrigou a reformulalo en acompañamento telefónico , e o día de hoxe xa está en modo presencial ou mixto. Este programa adquiriu especial relevancia no ano 2020, onde se constatou a necesidade de compañía dos nosos maiores.
 

CONSECUENCIAS QUE PERCIBIMOS DENDE CÁRITAS DO ANO 2020 E A CRISE SANITARIA

Dende Cáritas de Mondoñedo-Ferrol constatamos que o ano 2020 supuxo un estancamento no proceso de inclusión das familias que xa foran golpeadas na anterior crise. Aínda que non temos datos concretos, as nosas peores sospeitas van constatando que dita situación se está vendo agravada principalmente polos seguintes factores de exclusión:

– A fenda dixital, que afecta a estas familias e non só no ámbito educativo, senón tamén polas oportunidades que perdan algunhas familias no ámbito da formación, da procura de emprego o no aceso as axudas das administracións públicas.

– A vivenda, sigue levándose gran parte dos ingresos e das preocupacións das familias, así vemos situacións de familias con fillos con una gran precariedade habitacional e sen capacidade de cobertura doutras  necesidades mínimas.

– A situación administrativa irregular, a poboación migrante sigue estando en desventalla, e unha falta absoluta de cobertura para este colectivo, que na maioría dos casos que acoden a Cáritas afecta a menores que se ven en situacións de pobreza sen posibilidades de mellora en longos períodos de tempo (un mínimo de 3 anos) nos que teñen que vivir literalmente da caridade, sen ningún tipo de axuda por parte da administración. Dende Cáritas queremos especialmente suliñar este feito, e instar as autoridades tanto autonómicas como locais a facer fronte a esta realidade da nosa contorna, e poñer a persoa como centro por diante dunha situación administrativa.

– Por ultimo gustaríanos resaltar que de forma xeral tamén constatamos que a burocratización da administración se pode superar e así nolo demostrou a crise sanitaria. Recursos que se puxeron en funcionamento durante a crise como a tarxeta moedeiro ou moitas axudas de emerxencia municipais, se tramitaron con rapidez e dilixencia, o que demostra que se se poñen os medios e se quere, se poden facer as cousas doutro xeito.

No caso contrario temos o Ingreso Mínimo Vital, onde a falta de información e as dificultades da súa solicitude, dificulta o seu acceso. É necesario simplificar la tramitación, facilitar o asesoramento e de maneira presencial. Ademais, ao tratarse dunha prestación de urxencia por carecer de ingresos, a celeridade dos tempos é esencial.

Por outra banda, entendemos que debe ser complementado polo RISGA, e así garantir uns ingresos mínimos dignos e poder continuar traballando coas familias para favorecer o acceso o emprego e a plena inclusión.
 

DÍA DA CARIDADE 2021

Con motivo da celebración do Día da Caridade, este ano Cáritas de Mondoñedo-Ferrol quere avanzar na promoción da autonomía e dignidade das persoas, iniciando unha reflexión sobre o modo de facer efectivo o acceso ao dereito básico da alimentación das persoas máis vulnerables, poñendo en marcha a campaña Grazas a ti, poden elixir.

Vese máis apropiado para a misión da nosa entidade que as doazóns sexan en forma de vales ou tarxetas intelixentes e non en especie. Deste xeito, temos oportunidade de ofrecer unha axuda económica en condicións de dignidade, simultánea cun proceso socioeducativo, para que as familias asuman a responsabilidade de organizar a súa planificación e presuposto familiar, favorecendo así, procesos de autonomía e inclusión.

Por iso, desde Cáritas solicitaremos aos nosos doantes particulares e empresas que prioricen as doazóns económicas fronte as axudas en especie, asegurando deste xeito, a incentivación da economía local, o favorecemento das relacións co barrio e a comunidade, a minimizazón dos riscos de trazabilidade e caducidade dos produtos ou a redución no custo da operativa (transporte, almacenamento e distribución), atendendo así á nosa tarefa de promoción das persoas, desde a acollida, a escoita e o  acompañamento nos seus procesos socioeducativos.

Para ampliar a información poden consultar a Memoria 2020 completa na nosa páxina web www.caritas.es/mondonedoferrol
 

 

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas