Onte xoves 20 de febreiro tivo lugar no Monte do Gozo un encontro entre o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto, e o equipo de catequese de todas as dioceses de Galicia, con presenza diocesana, a través do delegado de Catequese e Catecumenado, o sacerdote Carlos Miranda.
Durante a sesión, o arcebispo de Santiago (elixido entre os cinco bispos de Galicia para acompañar e dirixir ao equipo de catequese) escoitou atentamente as inquietudes e propostas de cada un dos responsables. Debateuse sobre os temas prioritarios que requiren abordarse nos vindeiros anos para a catequese e o rol dos catequistas en Galicia.
O encontro caracterizouse por un diálogo fraterno no que se intercambiaron opinións e se identificaron as urxencias comúns nas distintas dioceses ao redor da catequese e o servizo do ministerio de catequista.
Tamén che pode interesar
Diaconado e ministerios laicais en Mondoñedo-Ferrol
Delegación diocesana de Catequese e Catecumenado
Catequese de Galicia








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















