Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 21 de febreiro de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Iván Darío Trujillo, seminarista diocesano
O vindeiro domingo 23 de febreiro, na concatedral de San Xiao de Ferrol, imos vivir a ordenación diaconal de Iván Darío Trujillo Valencia. Hoxe tivemos connosco ao gran protagonista, con quen falamos de como sente a poucas horas da ordenación, que supón para el este novo paso na súa entrega ao Señor e como viviu estes anos na nosa diocese.
Para pensar: «O canto de Deus»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación da nosa diocese. Durante este mes de febreiro encárgase o equipo da delegación diocesana de Pastoral da Saúde e Maiores.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















