El sacerdote diocesano Rvdo. Emilio Prado Piñón (San Xiao de Montoxo, 1936), capellán de la residencia Betania de Viveiro, falleció ayer jueves a los 88 años de edad.
La conducción tendrá lugar mañana sábado 22 a las 15:30 horas desde la residencia Betania hasta la iglesia de San Xiao de Montoxo (Cedeira), donde se celebrará el funeral de cuerpo presente a las 16:30 horas. A continuación recibirá cristiana sepultura en el cementerio parroquial. La casa mortuoria está situada en la residencia Betania.
Descanse en paz.
Reseña biográfica
Don Emilio Prado Piñón naceu en San Xiao de Montoxo (Cedeira) o 27 de maio de 1936. Estudou no Latín e Humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario de Mondoñedo. Foi ordenado sacerdote o 27 de maio de 1961 no Congreso Eucarístico Comarcal de Viveiro.
Exerceu os seguintes cargos: profesor e formador no Seminario Menor en Vilanova de Lourenzá (1961-1963). Párroco de O Ermo (1963-1968). Encargado de San Xoán de Ínsua (1963-1968). Ecónomo e posteriormente párroco de San Xiao de Montoxo e San Román de Montoxo (1978-2011). Finalmente capelán da Residencia Betania de Viveiro (2011). Foi tamén profesor de Relixión en Cedeira.
Foi un sacerdote servicial e bo compañeiro, especialmente cos do seu curso do Seminario, non faltando nunca á celebración da xuntanza anual. Despois de pasar por varias intervencións quirúrxicas durante a súa vida, ó final a súa delicada saúde non lle permitiu seguir exercendo o ministerio como el quixera.