En marcha o Proxecto «ALBORADA»: Acompañamento a persoas reclusas en permisos de segundo grao

O pasado venres 22 de setembro celebrouse na Domus Ecclesiae de Ferrol un encontro do persoal técnico e voluntario que acompaña a persoas reclusas das dioceses de Mondoñedo-Ferrol e Santiago de Compostela. A xornada marcou o inicio do Proxecto «Alborada», consistente na posta en marcha dunha vivenda en Ferrol para que persoas reclusas sen recursos nin redes de apoio poidan disfrutar dos seus permisos de segundo grao.

Ademáis dun aloxamento, as persoas que accedan á vivienda contarán con acompañamento técnico e social que posibiliten complementar o traballo de reeducación e reinserción dentro do centro penitenciario. Polo tanto, plantéxanse actividades deportivas e de lecer, apoio psicolóxico, apoio na xestión de trámites e cápsulas formativas en competencias dixitais ou habilidades sociais.

Tamén é fundamental a dimensión comunitaria do proxecto e, de aí, o gran valor e papel do voluntariado como xerador de vínculos e integración no territorio. O proxecto, que se ubica no barrio ferrolán de Canido, pretende beber da rica vida social e cultural deste barrio, aproveitando os seus recursos e redes.

Na sesión do venres, as persoas voluntarias do Proxecto «Alborada» puideron compartir expectativas, dúbidas, esperanzas e ilusións da súa nova andaina co voluntariado do recurso da Coruña, que xa ten un longo percorrido. O encontro rematou cunha visita ao piso que Cáritas de Mondoñedo -Ferrol poñerá en marcha para acoller a persoas reclusas con permiso de segundo grado.

Descarga: Dossier: O Proxecto «ALBORADA»

Fonte: Cáritas Mondoñedo-Ferrol
Fotografía: Point3D

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas