«El Espejo» (12.09.2025): Ordenación sacerdotal Darío Trujillo + Visita pastoral Ortegal + Presentación Estudios Mindonienses

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 12 de setembro de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Darío Trujillo Valencia, diácono

Sen dúbida é unha das noticias do ano na nosa diocese. A ordenación sacerdotal de Darío Trujillo mañá sábado na catedral de Mondoñedo será, como el mesmo afirmaba estes día, un «auténtico regalo de Deus» para toda a comunidade. No «Espello» tivemos a ocasión de contactar con el e coñecer como se atopa as horas antes dun paso tan importante na súa vida. Lembrade que a cerimonia estará presidida polo bispo Fernando e poderase seguir na canle diocesana de Youtube. Parabéns, Darío!


Entrevista: Javier Santiago, arcipreste de Ortegal

Cunha eucaristía xubilar no santuario de Santo André de Teixido remataba a pasada semana a visita pastoral do bispo diocesano ao arciprestado de Ortegal. Co seu arcipreste, Javier Santiago, repasamos como se desenvolveu esta visita e analizaremos a carta que o bispo dirixiu aos cristiáns destas terras, na que compartía a súa visión de futuro e o agarimo con que foi recibido en todas as parroquias, institucións e colectivos que visitou.


Entrevista: Benito Méndez, director do anuario ‘Estudios Mindonienses’

A gran referencia cultural da nosa diocese é sen dúbida o anuario de estudios históricos «Estudios Mindonienses», que ven de editar on novo volume, que na tardiña de hoxe se presentará oficialmente no Seminario de Mondoñedo. Co seu director, o coéngo Benito Méndez, coñeceremos o corpus de traballos desta nova entrega e en que consistirá o acto de hoxe, no que intervirán dous invetigadores, o bispo e o alcalde de Mondoñedo.


Tamén che pode interesar

Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas