«El Espejo» (14.02.2025): Congreso de Vocacións + Acompañamento ante o dó, a soidade e a enfermidade

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 14 de febreiro de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Óscar Fernández, delegado de Pastoral Vocacional

O pasado domingo remataba en Madrid o Congreso de Vocacións “Para quen son?”, organizado pola Conferencia Episcopal Española, no que participaron doce persoas da nosa diocese. Hoxe contamos cunha delas, o delegado de Pastoral Vocacional, Óscar Fernández, con quen falamos da importancia deste Congreso e de como a partir de agora o aprendido poderá poñerse en práctica en Mondoñedo-Ferrol.


Entrevista: Valentín Rodil, psicólogo

A unidade móbil de intervención en crise e duelo promovida polo Centro de Humanización da Saúde dos relixiosos camilos visitou durante esta semana distintos puntos da xeografía diocesana con motivo da Xornada Mundial do Enfermo. Trátase dun recurso especializado na atención en crise e que posibilita o seu acceso ao servizo de axuda alí onde se fai necesario. Valentín Rodil, psicólogo, teólogo e máster en dor e en orientación educativa, é o responsable desta unidade móbil, busca sensibilizar sobre a importancia de ser escoitados para recuperar a saúde perdida por mor do sufrimento e sobre a necesidade de contar con persoas que escoiten a outras e que, así, convértanse en leitos de sanación.


Para pensar: «As olas crebadas»

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación da nosa diocese. Durante este mes de febreiro encárgase o equipo da delegación diocesana de Pastoral da Saúde e Maiores.


Horizontes desde Loiba

Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.


También che pode interesar

Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas