Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 21 de marzo de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Nieves Espiñeira, delegada de Pastoral Penitenciaria
A moi pouquiñas horas da súa celebración, coñeceremos de primeira man todo o que vai ocorrer en Santiago no medio da xornada de formación do voluntariado da Pastoral Penitenciaria de Galicia, nesta ocasión baixo o título “Unha xustiza penitencia ao servizo da reinserción”. Con Nieves Espiñeira, a nosa delegada diocesana, falaremos desta cita, do seu significado e dos poñentes, entre os que sobresae a xuíza Manuela Carmena.
Entrevista: Mar Sarmentero, delegada de Laicos, Familia e Vida
Con Mar Sarmentero, delegada diocesana de Familia e Vida, coñeceremos o que desde a diocese se vai desenvolver co gallo da Xornada pola Vida 2025. Será o vindeiro martes 25 de marzo con varios actos especiais en Ferrol, Viveiro e Vilalba. Podemos destacar a organización de tres círculos do silencio, unha representación coa que queremos axudar a visibilizar a dignidade da vida.
Para pensar: «O carpinteiro e os irmáns»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación da nosa diocese. Durante este mes de marzo encárgase o equipo da delegación diocesana de Confrarías e Irmandades.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación