«Unha xustiza penitenciaria ao servizo da reinserción», tema das Xornadas de Pastoral Penitenciaria de Galicia

As delegacións de Pastoral Penitenciaria de Galicia volven ofrecer unha xornada de formación do voluntariado, nesta ocasión baixo o título “Unha xustiza penitencia ao servizo da reinserción”. Trátase da undécima xornada interdiocesana que se organiza anualmente con gran éxito de participación. O encontro terá lugar o sábado 22 de marzo no mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela.

Nesta ocasión a relatora convidada para animar a reflexión será Manuela Carmena Castrillo, recoñecida xurista e actualmente maxistrada emérita. As súas reflexións son moi interesantes e valoradas no ámbito do dereito na procura da reinserción das persoas e na construción dunha sociedade máis xusta.

Xunto aos relatorios e os diálogos, a xornada concluirá cunha mesa redonda onde varios expertos tratarán de ofrecer pistas e retos para seguir traballando nesta dimensión tan importante na pastoral penitenciaria. Como indican os organizadores, “a pastoral penitenciaria nas dioceses de Galicia ten un dimensión relixiosa de acompañamento na fe das persoas privadas de liberdade, tamén unha dimensión social de axuda e asistencia nas situacións sociais que atravesan pero, xuntamente con iso, unha dimensión xurídica que soña e traballa por un dereito máis sensible e acorde ás persoas que posibilite a reinserción plena e a xustiza restaurativa”.

A xornada está aberta a todos e pretende, xunto á formación e o encontro dos voluntarios que habitualmente participan nas actividades de pastoral penitenciaria, estender e difundir o traballo tan valorado que se fan nos cárceres, nas familias e no acompañamento dos presos, tanto no cárcere como tras a súa saída das mesmas.

De forma habitual, os capeláns dos cárceres e os delegados de Pastoral Penitenciaria reúnense, xunto ao noso bispo don Fernando, unha vez ao trimestre, para compartir os seus quefaceres, problemáticas e esperanzas. No marco desta pastoral de conxunto é onde se organiza este encontro interdiocesano.

Más información e inscricións no formulario en liña https://forms.gle/LQBa2iLbvnNf1eTR6 e na conta de email galiciapastoralpenitenciaria@gmail.com. A cota de inscrición é de 5 euros e o xantar 20 euros.


Tamén che pode interesar

Galardón á Pastoral Penitenciaria
Delegación de Pastoral Penitenciaria

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas