Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 21 de abril de 2023. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Carlos Tortosa, delegado en Galicia de «Ayuda a la Iglesia Necesitada»
Entrevista ao novo delegado de «Ayuda a la Iglesia Necesitada» en Galicia, Carlos Tortosa. Unha das primeiras convocatorias que realiza esta fundación vai ser na nosa diocese. Será a próxima semana con tres eucaristías e dúas conferencias en Ferrol en memoria dos cristiáns perseguidos no mundo. Ademais, coa presenza da icona da Anunciación de Homs (Siria), que aínda ten incrustada unha bala, tras ser atacada polo Daesh.
Para pensar: «El hombre que vivía enamorado de sí mismo»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade reliziosa da nosa diocese. Durante este mes de abril encárganse de preparala as Hermanas Apostólicas de Cristo Crucificado de O Barqueiro.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.