Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 26 de maio de 2023. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Luzma Pousa, responsable de Acción Católica General
Entrevista a Luzma Pousa, responsable diocesana de Acción Católica Xeral, con motivo da solemnidade de Pentecoste, no que celebramos tamén o Día da Acción Católica e do Apostolado Seglar. Trátase dunha xornada na que os laicos celebrar o seu día, celebrando a súa vocación e a vinda do Espírito Santo. Será unha data que coincide no tempo coas eleccións municipais, onde tamén os cristiáns temos que dar exemplo de como nosa fe pode ser testemuño dunha forma de vivir, dunha visión do mundo que nos leve a estar máis unidos.
Entrevista: Rubén Amor, presidente de la Adoración Nocturna
Entrevista a Rubén Amor, novo presidente da Adoración Nocturna de Mondoñedo-Ferrol, recentemente elixido en substitución de Eduardo Máiz. Hoxe coñeceremos que significa a Adoración, como se desenvolve e cal é a súa historia e percorrido na nosa diocese (está presente en Mondoñedo, Viveiro, Ferrol e Ribadeo).
Entrevista: Lucía Sánchez (romaría A Rigueira)
Entrevista a Lucía Sánchez Meitín, unha das impulsoras que fixeron posible que a romaría de San Antonio Ventureiro da Rigueira de Xove (Lugo) obtivese a declaración de festa de Interese Turístico de Galicia.
Para pensar: «La supervivencia de los erizos»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade reliziosa da nosa diocese. Durante este mes de maio encárganse de preparala as Hermanas de Marta e María de Ribadeo.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.