«El Espejo» (27.10.2023): Oración pola paz no mundo + Novo deán da catedral

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 27 de outubro de 2023. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Jesús Álvarez, vigairo para a Caridade

Co vigairo diocesano para a Caridade, Jesús Álvarez Piñón, presentaremos os actos diocesanos con motivo da Xornada Mundial de Oración e Xaxún pola Paz, convocada para hoxe venres 27 polo papa Francisco. Outro camiño é posible, Cristo propónnolo así. Hai outras formas reais dunha paz estable baseada na xustiza. Esperámosvos na igrexa do Carme de Ferrol e, un pouquiño máis tarde, na Praza de Armas, onde desenvolveremos un Círculo de Silencio pola paz no mundo.


Entrevista: Félix Villares, deán da catedral de Mondoñedo

Entrevistamos ao novo deán da catedral de Mondoñedo, o sacerdote Félix Villares Mouteira, recentemente elixido para esta responsabilidade diocesana. Coñeceremos cales serán as súas novas funcións e os retos que se marca por diante, por exemplo a ampliación do museo catedralicio.


Para pensar: «La mejor elección»

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa da nosa diocese. Durante este mes de outubro encárganse de preparala as Discípulas de Xesús de Ferrol.


Horizontes desde Loiba

Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas