Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 28 de febreiro de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Chema Pérez, delegado de Peregrinacións e Camiño de Santiago
Mañá sábado 1 de marzo a delegación de Peregrinacións e Camiño de Santiago retoma a iniciativa saudable «Roteiros desde a fe». Para falar do significado desta proposta que aúna deporte, natureza e espiritualidade, entrevistamos a Chema Pérez, delegado diocesano e peregrino de excepción, con máis de trinta edicións do Camiño de Santiago completadas. Ademais, comentaremos outros temas de actualidade da delegación, como a peregrinación diocesana a Roma con motivo do Xubileu que se desenvolverá no verán.
Entrevista: Mar Sarmentero, delegada de Familia
Con Mar Sarmentero, delegada diocesana de Familia e Vida, coñeceremos dúas iniciativas que acaban de facerse públicas a nivel diocesano: o KTNovios,, os tradicionais cursos de preparación ao matrimonio cristián pero expostos como unha camiño de fe práctico para os noivos. E por outra banda, o calendario interactivo de Coresma, que xa está dispoñible para descargar nos nosos dispositivos e que permitirá vivir este novo tempo litúrxico en familia.
Para pensar: «O ceo e o inferno»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación da nosa diocese. Durante este mes de febreiro encárgase o equipo da delegación diocesana de Pastoral da Saúde e Maiores.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación