«El Espejo» (28.11.2025): Vocacións en Galicia + Encontro Pastoral da Saúde de Galicia + Informe libertad religiosa

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 28 de novembro de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: José Luis Fernández, delegado de Pastoral da Saúde

Mañá sábado terá lugar en Lugo, baixo o lema “Peregrinos de esperanza”, o Encontro de Delegados, Voluntariado e Profesionais da Pastoral da Saúde en Galicia. A xornada está aberta á participación de todos. Contará coas ponencias de José Carlos Bermejo, relixioso camilo, experto en humanización da saúde, e cunha mesa coloquio de experiencias e testemuños. Para falarnos desta importante cita tivemos con nós ao delegado diocesano de Pastoral da Saúde e Maiores, José Luis Fernández.


Entrevista: Jorge Sierra, irmán de La Salle e profesor

As cinco dioceses galegas convócannos conxuntamente este fin este sábado á Asemblea Interdiocesana de Vocacións, baixo o lema “Para quen son?”, que se celebrará no Seminario Interdiocesano “Apóstolo Santiago”. Un encontro que busca ofrecer un espazo de reflexión e oración sobre a vocación cristiá en todas as súas dimensións. Contará co relatorio do irmán de La Salle, Jorge Sierra, que ofrecerá un relatorio baixo o lema “Cara a unha cultura vocacional”. Para falarnos do encontro tivemos a sorte de contar nestes micrófonos con Jorge, irmán de La Salle dedicado á educación e á pastoral xuvenil.


Entrevista: Santiago Díaz, responsable en Galicia de Ayuda a la Iglesia Necesitada

Ayuda a la Iglesia Necesitada acaba de cumprir en España os 60 anos. É a fundación pontificia que apoia á Igrexa católica no seu labor evanxelizador nas comunidades máis necesitadas, discriminadas e perseguidas do mundo. O vindeiro mércores 3 de decembro no Casino Ferrolán, moderado pola nosa compañeira de COPE, Ada Romero, terá lugar a presentación oficial do seu Informe sobre Libertad Religiosa en el Mundo 2025 de actividades, acompañada dun testemuño sobre a persecución relixiosa, a cargo dun misioneiro. Para convidarnos a este evento temos hoxe a Santiago Díaz, portavoz en Galicia de Axuda á Igrexa Necesitada.


Para pensar: «El rey, el jardín y la fresa» 

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de novembro encárganse a comunidade relixiosa das Misioneras de Acción Parroquial de Vilalba.


Tamén che pode interesar

Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas