Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 10 de xaneiro de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Arturo Aulet, comisión diocesana para o sostemento
Fai uns días a Domus de Ferrol acollía a primeira reunión dos consellos de economía das parroquias dos arciprestados de Ferrol e Ortegal, organizado desde a comisión diocesana para o Sostemento da Igrexa. Con Arturo Aulet falamos dos obxectivos e traballos que está a desenvolver a comisión, e que refiren non só ao ámbito económico, senón tamén á comunicación ou oración. Ademáis, avanzounos en que consistirá a nova campaña de socios-suscrición ás nosas parroquias. Todos somos necesarios na Igrexa e a nosa implicación na parroquia será clave para o seu sostemento no presente-futuro.
Entrevista: Mara Sarmentero, delegada de Laicos, Familia e Vida
Compartimos dúas propostas da delegación diocesana de Familia para este mes de febreiro, que ven cargadiño de actividades. Dunha banda, a Candeloira, que celebraremos este domingo, coincidindo coa festa da Presentación do Señor. A outra, fai referencia á celebración da Semana do Matrimonio 2025, cunha axenda na que haberá una foliada con Xesús en Viveiro, un scape room en Ferrol e a tradicional cea romántica en Mondoñedo.
Para pensar: «Un golpe de sorte»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación da nosa diocese. Durante este mes de xaneiro encárgase o equipo da delegación diocesana de Ecumenismo.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.
También che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación