Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 31 de maio de 2024. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Reportaxe: Nomeamento de Antonio Valín como novo bispo da diocese de Tui-Vigo
Recollemos neste audio a rolda de prensa íntegra do anuncio do nomeamento do sacerdote diocesano, Antonio Valín, como novo bispo da diocese irmá de Tui-Vigo. O acto tivo lugar nos locais parroquiais de Foz o sábado 25 de maio de 2024 e nel interviron o bispo da nosa diocese, Fernando García Cadiñanos, e o xa bispo electo de Tui-Vigo, Antonio Valín.
Crónica da presentación da Memoria 2023 de Cáritas Mondoñedo-Ferrol
Recollemos as declaracións do nos bispo Fernando García e da secretaria xeral de Cáritas Diocesana, Marta Pazo, no acto de presentación da Memoria de Actividades de Cáritas durante 2023, celebrado recentemente en Ferrol.
Para pensar: «Quérote, Palabra do Ano»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa da nosa diocese. Durante este mes de maio encárgase o equipo da delegación diocesana de Pastoral Rural.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















