«El Espejo» (31.10.2025): Protección de menores + Regulamento diocesano de cemiterios

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 31 de outubro de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Jesús Iglesias, director da Comisión PROTEGE

O servizo de Protección de Menores da Conferencia Episcopal organizou recentemente en Madrid o VIII Encontro para as Oficinas de Protección de Menores. O título seleccionado para esta edición foi “Razóns esperanzadas ante os berros silenciosos dos abusos en menores”. Unhas xornadas nas que se traballaron directrices de prevención e boas prácticas e nas que se intercambiou unha análise da realidade coa oficina de protección de menores da Conferencia Episcopal Italiana. Para falarnos das conclusións adoptadas estivo connosco Jesús Iglesias, director do Centro de Menores San Aníbal de Burela e director da Comisión Diocesana PROTEXE (Protección e acompañamento a menores, persoas vulnerables e familias).


Entrevista: Sergio Díaz, responsable diocesano de cemiterios

En xaneiro deste ano a diocese decretaba un novo regulamento pioneiro en Galicia en materia de cemiterios. O novo documento terá unha vixencia de tres anos e derogou o anterior de 1984. Sergio Díaz é licenciado en Dereito civil e vicechanceler da nosa diocese. Sergio percorreu os arciprestados e comisións diocesanas para presentar este novo documento e as súas implicacións, e hoxe, ante as datas en que nos atopamos, quixemos que nos asesorara tamén no programa.


Para pensar: «El jardín de los santos» 

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de outubro encárgase o seminarista diocesano Andrés Segura.


Tamén che pode interesar

Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas