Encontro dos Seminarios Maiores de Galicia en Porto do Son

O pasado venres 16 de maio tivo lugar en Porto do Son o encontro dos seminaristas maiores da Provincia Eclesiástica de Galicia, quenes estiveron acompañados polos bispos diocesanos, os equipos formadores e algúns diáconos.

A este encontro acudiron os seminaristas do Seminario Interdiocesano Santiago Apóstolo, acompañados do arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto; do bispo de Tui Vigo, monseñor Antonio Valín; e do formador de Mondoñedo-Ferrol, o sacerdote Juan Manuel Basoa, en representación do bispo García Cadiñanos, quen non puido asistir por motivos de axenda. Tamén estiveron presentes os seminaristas da diocese de Ourense, tanto do Seminario Diocesano Divino Mestre e do Seminario Diocesano Misioneiro Redemptoris Mater, acompañados polo seu bispo, monseñor José Leonardo Lemos. Da diocese de Lugo acudiron os seminaristas do Seminario Diocesano e Misioneiro Redemptoris Mater, acompañados por monseñor Alfonso Carrasco.

O encontro comezou cunhas palabras de acollida por parte do bispo de Ourense, quen foi o convocador e anfitrión deste encontro. Despois, diáconos, seminaristas e formadores foron repartidos en grupos de traballo, nos que conversaron sobre a orixe da propia vocación e a chamada que recibiron, e reflexionaron sobre como ser testemuñas desta vocación na sociedade.

Terminados os traballos, tivo lugar a celebración da eucaristía, que estivo presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela e concelebrada polos demais bispos presentes e formadores. Na súa homilía, monseñor Prieto destacou a importancia da vocación, a cal é “don para a doazón”.

Despois da celebración eucarística, os asistentes mantiveron un xantar de fraternidade.

Fonte: Comunicación-Dioceses de Galicia


Tamén che pode interesar

Porto do Son acollerá o I Encontro de Seminarios Maiores de Galicia

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas