Cada vez máis persoas participan nos «Roteiros desde a fe», unha actividade mensual que organiza a delegación diocesana de Peregrinacións e Camiño de Santiago. Coordinados ás mil marabillas por Chema Pérez, o noso delegado, nesta ocasión os camiñantes fixeron dez quilómetros entre os barrios de Canido e San Felipe, no concello de Ferrol.
Ao chegar á entidade veciñal de San Felipe, o grupo tivo a oportunidade de visitar as instalacións do castelo, continuando cara a parroquia de Santa Cruz de Canido, onde os participantes gozaron dun aperitivo de recuperación.

Entre os integrantes do grupo atopábase o presidente da Asociación Veciña de Canido (e máis do centro cívico do barrio), Roberto Taboada, unha oportunidade para estreitar lazos entre a comunidade parroquial e a representación veciñal, quedando de manifesto a importancia de sumar esforzos para a consecución do ben común.

Con esta edición dos Roteiros péchanse as actividades deste curso 2024-2025, para regresar con novos folgos e novas ideas no mes de setembro.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















