O funeral terá lugar o xoves 30 de xullo, ás 12:15 horas na parroquia de Budián
Don Jesús Torrado Souto naceu en Santa María de Xestoso o 17 de setembro de 1928. Fixo os seus estudios de latín e humanidades, filosofía e teoloxía no Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo.
Foi ordenado sacerdote o 26 de maio de 1956 por monseñor Mariano Vega Mestre, desempeñando logo os seguintes cargos pastorais:
· Cura ecónomo de Santa María do Sixto (Ourol) no ano 1956, e encargado de Santa María de Ambosores en 1957.
· Cura ecónomo de San Cibrao de Vieiro entre os anos 1959 e 1963.
· Párroco de Santa Olalla de Budián desde 1963 e cura encargado de Santo Estevo de Moucide nese mesmo ano, e de San Xiao de Cordido en 1968 ata hoxe.
· Estivo encargado de San Pedro de Cangas entre os anos 1979 e 1984, e foi administrador parroquial de San Sebastián de Carballido no ano 1989.
· Foi tamén arcipreste do Valadouro en 1968 e 1972.
Persoa moi afable e servicial que se mantivo activo no seu ministerio pastoral longos anos, desde a súa ordenación ata fai escasos días, cando tivo que ser ingresado no Hospital Público da Mariña.
O xoves 30 de xullo, ás 12:15 horas, e presidido polo bispo da diocese, terá lugar o funeral na igrexa de Santa Olalla de Budián (O Valadouro, Lugo) e, a continuación, o enterro no cemiterio parroquial.
Descanse merecidamente na paz do Señor e encontre nel a misericordia e o premio dos seus traballos.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















