O 24 de setembro celelebrouse a Mercé. A advocación de Nosa Señora da Mercé foi extendida pola orde mercedaria fundada por san Pedro Nolasco a principios do século XIII, que tiña como carisma a redención dos cautivos. Así, a orde adicouse a atención dos presos, e esta advocación mariana quedou vencellada ás prisións.
Tamén foi a festa dos funcionarios de prisións. Polo que, con ese motivo, celebrouse no Centro Penitenciario de Teixeiro o acto civil, coa presenza de autoridades e colectivos sociais que colaboran coa administración penitenciaria na reinserción dos penados. Neste contexto, o departamento de Pastoral Penitenciaria da Conferencia Episcopal Española, concedeulle á Pastoral Penitenciaria a Medalla de Prata ao mérito penitenciario.
O director do Centro Penitenciario, José Ángel Vázquez, salientou os valores de solidariedade e o traballo de reinserción dentro e fóra dos muros da prisión que realiza a Igrexa.
A delegada diocesana da archidiocese de Santiago, Yolanda Sánchez, recolleu este importante recoñecemento, co que a institución penitenciaria agradece a persoas e entidades polo seu traballo en favor da reinserción que o cárcere busca. Estivo acompañada pola directora da Cáritas diocesana de Santiago, Pilar Farjas, a delegada da Pastoral Penitenciaria de Mondoñedo-Ferrol, Nieves Espiñeira, e numeroso voluntariado deste ámbito pastoral da Igrexa.
A diocese de Mondoñedo-Ferrol, a pesar de non contar cun centro penitenciario no seu territorio, traballa e colabora cun equipo de voluntariado en Teixeiro.
Fonte: Arquidiocese de Santiago de Compostela
Tamén che pode interesar
¿Y si cambiamos la mirada a la cárcel?
1ª Xornada Diocesana de Pastoral Penitenciaria: «Tratade aos presos como si vós mesmos estiverdes presos con eles»
Delegación diocesana de Pastoral Penitenciaria