Intervención semanal del administrador diocesano a través de los micrófonos de la Cadena COPE
· VI DOMINGO DE PASCUA: Cristo chamounos a ser os seus amigos, e é el o que nos elixiu e nos destinou para levar ao mundo a Boa Nova do seu amor. E isto farémolo amándonos uns a outros como el fíxoo ao dar a vida por nós e por todo o mundo. Así testemuñamos que Deus é amor, un amor que nos manifestou enviándonos ao seu Fillo como vítima de propiciación polos nosos pecados. E ese amor foi derramado nos nosos corazóns co Espírito Santo que se nos deu polos sacramentos da iniciación cristiá e que é para toda a humanidade.
· Celebramos hoxe e ao longo desta semana diversos actos con motivo da Pascua do Enfermo. Que significa esta celebración e por que é importante facela presente na nosa diocese?
· Xa comentabamos o pasado domingo varias citas importantes neste mes de maio, e unha delas terá lugar precisamente o vindeiro sábado. O día 15 celébrase o san Cidre, o patrón dos agricultores, e por iso a delegación de Pastoral Rural pon o foco este mes en varias cuestións que se poden traballan nas nosas aldeas e parroquias rurais de cara a unha mellor evanxelización en tempos de pandemia.
· Antes dese Día do Mundo Rural temos outras onomásticas relevantes ao longo da semana, especialmente nalgunhas parroquias da nosa diocese (a Virxe de Fátima, a Santa Rita…). De feito, mañá luns lembramos a san Xoán de Ávila, patrón dos nosos sacerdotes, un día que servirá para celebrar as vodas de prata, ouro e diamante dos que están de aniversario este ano 2021 e dos que o estiveron o pasado 2020.
· Falamos agora de balances, sobre tres reunións importantes que tiñan lugar esta semana: a do Consello Diocesano de Asuntos Económicos o xoves, a dos responsables das dioceses da Provincia Eclesiástica de Santiago o venres e a Asemblea Anual de Cáritas Diocesana onte sábado. Foron tres encontros ben diferentes, pero que podemos resumir como o máis destacado de cada un deles?
· Xa que repasamos celebracións e onomásticas a nivel diocesano, non podemos esquecer á xente que traballou, estudou ou estivo vencellada dunha ou doutra forma ao colexio Nosa Señora do Pilar de Foz. E é que nestes días comezaron os actos do 75 Aniversario do centro, un referente na localidade focega e na comarca da Mariña. Estes días houbo unha conferencia inaugural, púxose en marcha unha exposición fotográfica no Cenima e o vindeiro 27 de maio os actos pecharanse cun acto institucional e unha misa na parroquia de Foz.
· Falamos por último dunha cuestión máis global, e non por iso menor, e que seguramente se irá artellando ao longo dos vindeiros meses. O papa Francisco anunciaba estes días que o traballo dos catequistas alcanzará a consideración de ministerio. Que significará isto na práctica?
«Durante este tempo de pandemia Cáritas está a facer un papel enorme: é o rostro visible da caridade da Igrexa»







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















