‘Habla la Diócesis’ (13.06.2021): Festa de san Antonio + Capeláns e Sergas + Camiño de Santiago

Intervención semanal do administrador diocesano a través dos micrófonos da Cadena COPE

· XI DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO: As parábolas das sementes do Evanxeo de hoxe, que sendo pequenas despois convértense en espigas cheas de gran ou en arbustos onde mesmo aniñan as aves, refírense ao reino de Deus que se sementa coa predicación evanxélica: algo sinxelo e humilde que Deus vai facendo crecer nos corazóns dos que acollen a súa mensaxe. «O xusto crecerá como a palmeira, alzarase como un cedro do Líbano: plantado na casa do Señor, crecerá nos atrios do noso Deus». En Cristo crucificado, semente que cae na terra para morrer e así dar froito, atopamos o pleno significado destas parábolas. O camiño da cruz lévanos á plenitude do reino de Deus.

· Antes de pasar a outras cuestións, parabéns ao noso administrador diocesano, Antonio Valín, xa que hoxe o día de san Antón ou san Antonio de Padua, un santo con gran devoción en varias parroquias da nosa diocese: Casadelos en Neda, Espasante en Ortigueira ou Corveiro en Cedeira.

· Falabamos agora das nosas igrexas e centrámonos agora nos nosos sacerdotes, algúns dos cales participarán nun retiro espiritual a partir do vindeiro 21 deste mes no Seminario de Mondoñedo.

· Precisamente neses días de finais de xuño rematará tamén o curso escolar, momento para facer balance deste ano un tanto diferente. Algo que tamén se artellará desde o que eran as antigas vigairías de Evanxelización e Misión Misericordiosa e Samaritana.

· Seguimos falando doutras cuestións que teñen que ver con este curso e sobre o xeito de traballar na nosa igrexa. E, aínda que xa pasase a Semana da Caridade, imos falar de Cáritas, xa que cos seus talleres de emprego está a lograr a inserción e integración laboral de moitas persoas en situación de vulnerabilidade.

· Imos agora cunha cuestión polémica que coñeciamos estes días: a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de non recoñecer aos capeláns como persoal do Sergas, o Servizo Galego de Saúde.

· Falamos agora de cuestións culturais e patrimoniais, xa que non podemos pechar os ollos sen ver a crecente cantidade de peregrinos que pasan polas nosas rutas xacobeas durante estes días prácidos do final da primavera. Asemade, entidades e institucións vencelladas a un ou outro itinerario organizan estes días actividades divulgativas, tanto cos pequenos da casa como con públicos “más expertos”.

· A nivel estatal, temos que falar dun nomeamento episcopal: o de Monseñor José Rico como novo bispo de Asidonia-Jérez. Para cando se agarda a cobertura das vacantes que aínda quedan? Como está a cousa quí en Mondoñedo-Ferrol?

 

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas