Intervención semanal del administrador diocesano a través de la Cadena COPE
· DOMINGO DE PASCUA: Estaba escrito que o Mesías tiña que padecer, sendo así vítima de propiciación polos nosos pecados e polos do mundo enteiro. Pero Deus resucitouno de entre os mortos e no seu nome predicarase a conversión e o perdón dos pecados a todos os pobos. Esta é a razón do noso ser cristiáns, membros da Igrexa: existimos para evanxelizar, unha vez convertidos dos nosos pecados. Tamén é a fonte da nosa alegría e esperanza de participar un día do gozo da resurrección. E desde que resucitou, Cristo revélasenos a través dos signos: o partir o pan, a eucaristía; as chagas das súas mans e os seus pés, os nosos irmáns máis pobres e necesitados.
· Seguimos neste tempo de Pascua, e xa coa vista nunha celebración moi especial que terá lugar este vindeiro sábado 24 de abril, na Catedral de Mondoñedo. Trátase da ordenación sacerdotal de Jaime Iglesias García, a primeira que se levará a cabo na nosa diocese desde o ano 2014. Tamén avanzamos que, un día despois, o domingo 25, Jaime oficiará a súa primeira misa como sacerdote na parroquia onde xa colabora actualmente, en Santa María de Caranza.
· Precisamente, ese domingo 25 celebrase a Xornada Mundial de Oración polas Vocacións e as Vocacións Nativas baixo o lema “Para quen son eu?”. Neste senso, a diocese xa leva un mes lembrando estas cuestións a raíz do Día do Seminario, e precisamente esta fin de semana estase levando a cabo unha convivencia especial entre os nosos seminaristas, que están a compartir encontros e celebracións con diferentes comunidades, colectivos e parroquias da nosa zona, en concreto na comarca da Mariña.
· Falamos tamén doutras actividades que tiveron lugar esta semana, comezando polo Encontro de Formación Permanente do Clero que se celebrou en Mondoñedo e Ferrol, en dúas sesións diferentes: martes 13 e mércores 14.
· Temos que falar tamén da situación da pandemia do coronavirus, unha cuestión na que temos unha de cal e outra de area. Por unha banda, vemos con satisfacción o avance da vacinación, a ampliación do toque de queda e a maior apertura das residencias e locais de hostalería.
· Breves: Día do Libro en Mans Unidas Ferrol. Durante a vindeira semana estarán á venda no local da rúa Magdalena varios libros infantís e para adultos que foron doados á entidade. Volta á “normalidade” en Neda. Reabriuse a capela de San Antonio de Casadelos e voltaron as tradicionais peregrinacións a San Nicolás. Falecemento de sor Lourdes, que pertencía á comunidade das Concepcionistas de Viveiro.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















