‘Habla la Diócesis’ (25.07.2021): Santiago Apóstol + Jornada de los Abuelos + Resumen de año

Intervención semanal del administrador diocesano a través de la Cadena COPE. Último programa de la temporada

· SANTIAGO APÓSTOLO, PATRÓN DE ESPAÑA E DE GALICIA: Santiago, fillo de Zebedeo, irmán do apóstolo San Xoán, foi o primeiro dos apóstolos en beber o cáliz do Señor, cando participou na súa Paixón, ao ser decapitado por orde do rei Herodes pouco antes da Pascua. Dese xeito anunciou o reino que vén pola morte e resurrección de Cristo. Estando os seus restos en Galicia, é patrón dos pobos de España. Pidamos pola súa intercesión que a nosa xente se manteña fiel a Cristo ata a fin dos tempos. Unha petición moi necesaria hoxe en día, cando a fe e os valores cristiáns están tan en crise na nosa sociedade. Pidamos tamén que sexamos testemuñas desta fe, como Santiago, dispostos a beber o cáliz do Señor.

· Hoxe é a festividade de Santiago Apóstolo, patrón de España e de Galicia. Unha festa que se celebra en moitas das nosas parroquias e tamén a nivel da provincia eclesiástica de Santiago, tendo en conta que estamos en Ano Santo Compostelano.

· Xa que falamos de celebracións importantes, este luns 26 de xullo a Igrexa en España celebra por primeira vez a Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores. Unha xornada instaurada polo papa Francisco en torno á festividade de san Xoaquín e santa Ana. O tema elixido para este ano é «Eu estou contigo todos os días» (Mt 28, 20).

· Xa que falamos da pandemia, nestas últimas semanas estamos a sufrir un exponencial aumento casos e restriccións por mor da Covid-19. E importante, de cara ao que queda de verán, lembrar as medidas de prevención necesarias para non ter sustos nas numerosas festas e romarías que teremos en moitas das nosas parroquias: Santa Marta, san Lourenzo, a Asunción da Virxe María, san Roque, san Bartolomeu, san Ramón…

· Tamén durante estas vindeiras semanas estaremos a traballar na chegada do novo bispo, don Fernando García Cadiñanos, que celebra a súa ordenación e toma de posesión o sábado 4 de setembro na Catedral de Mondoñedo. Como se está a artellar todo isto desde o diferentes equipos de traballo da diocese?

· Neste senso, temos que lembrar tamén aos nosos oíntes que este é, en principio, o último programa dominical que facemos con vostede como administrador diocesano, xa que en agosto facemos o parón de todos os anos e en setembro xa teremos aquí ao novo bispo, se non hai novidades ao respecto.

· Citabamos agora nestas últimas preguntas ao novo bispo, pero tamén temos que facer referencia ao anterior e actual pastor da diocese de León, don Luis Ángel de las Heras, que viviu uns días complexos por mor do pasamento do seu pai. Que mensaxe se lle transmitiu desde Mondoñedo-Ferrol?

 

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas