O arciprestado de Xuvia componse de 37 parroquias, conta coa colaboración do equipo sacerdotal de claretianos que atenden dende Ferrol algunhas das parroquias da zona de Meirás. Trátase do arciprestado con máis cantidade de poboación da diecese. Falamos co seu arcipreste, Javier Santiago Sanmartín.
Que é o que máis se traballou neste arciprestado ao longo do curso á luz do plan pastoral diocesano?
A proposta de reestructuración dos arciprestados: centrámonos sobre todo no que respecta ó noso arciprestado de Xuvia, aínda que houbo algún compañeiro que sinalou que non lle parecía necesaria a reestruturación dos arciprestados. As reflexións feitas cos leigos foron escasas, a nivel arciprestal somentes houbo co grupo de catequistas, pero sen estar representadas todas as parroquias do arciprestado. Neste ámbito chegouse á conclusión de que aquelas parroquias que na proposta de novos arciprestados non lles afecta porque as súas parroquias seguirían pertencendo ó arciprestado de Xuvia. Doutra banda, tamén se expresou a preocupación de non estar suficientemente preparados para afrontar esta nova situación eclesial, considerando que é máis unha decisión administrativa que pastoral, pois non acaba de haber un compromiso laical organizado e efectivo.
O arciprestado de Xuvia, como o podemos describir e cales son as súas dificultades para atendelo?
Como cada arciprestado na nosa diocese, aglutina diversas realidades sociais con respecto á xeografía e ao movemento da poboación. Así, temos parroquias nos ámbitos semiurbano, rural e de costa (turismo/santuarios). Isto condiciona moito para levar a cabo actividades e encontros a nivel arciprestal. Outra dificultade a ter en conta é a integración das UPA no nivel arciprestal, pois a programación propia e o seu desdenvolvemento supón moitas veces non dar cabida ás iniciativas arciprestais.
Algúns momentos a destacar neste ano?
As reunións do grupo de catequistas do arciprestado para a formación, oración e organización das actividades conxuntas (Roteiro de belenes no Nadal, Via Lucis na Pascua…). Acoller a iniciativa da Conferencia Episcopal con motivo da oración polo Sínodo no día da Visitación da Virxe María, cunha peregrinación dende a capela da «O» de Pedroso ata a igrexa de San Sadurniño. Destacamos a boa resposta na participación e a organización conxunta das delegacións e os arciprestados de Xuvia e Ferrol.
Entrevista: Javier Martínez Prieto