Continuando coa transformación misioneira que propón o Plan Pastoral 2016-20
Benquerido/a amigo/a:
Poñémonos en contacto contigo para convocarte á Festa da Misericordia que terá lugar no Seminario de Mondoñedo, o vindeiro día 10 de marzo, sábado, coa seguinte orde do día:
10.30 h.- Acollida e café no Seminario
11.00 h.- Breve reflexión
11.40 h.- Descanso
12.00 h.- Celebración do Perdón na Catedral
13.30 h.- Xantar no Seminario (10 euros/persoa)
15.00 h.- Café-concerto testemuño
16.30 h.- Despedida e remate do encontro
Pregámosche animes todo o que poidas á xente da túa parroquia, Unidade pastoral, comunidade ou grupo (incluso nenos/as, xa que estamos a preparar actividades específicas para eles).
Por cuestión de organización no Seminario, sería conveniente que en torno ao día 4 marzo, soubéramos cánta xente vai vir; podes avisar chamando á Domus Ecclesiae-Ferrol (981 35 32 95) preguntando por Carlos Alonso, ou mandando un correo electrónico a este enderezo: mcs@mondonedoferrol.org.
Se van participar nenos, pregámosche nos indiques cantos son e as súas idades.
Máis nada, esperando atoparnos ese día, recibe un cordial saúdo.
Gonzalo Varela Alvariño
Antonio Valín Valdés



Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.























