A Basílica-Catedral de Mondoñedo acollerá unha eucaristía ás 12:30 horas
O un de marzo vai celebrarse a solemnidade de San Rosendo, patrono da diocese de Mondoñedo-Ferrol, da que foi bispo.
Co gallo desta festa, ás doce e media da mañá, na Catedral Basílica de Mondoñedo, vai ter lugar unha eucaristía que vai presidir o bispo da diocese, don Luis Ángel de las Heras, e na que concelebrarán os membros do Cabido e varios sacerdotes máis.
A continuación, ofreceráse un ágape no claustro da Catedral.