O seminarista Álvaro Suárez recibirá en Mondoñedo a admisión ás sagradas ordes

A cerimonia, na que tamén se conferirá os ministerios de lectorado e acolitado a Salvador Calvo, terá lugar o día 25 na capela do Seminario

17 xuño 2021.- Segundo comunicou onte o delegado do Clero ao Colexio de Consultores, o vindeiro venres 25 de xuño, na eucaristía de remate dos exercicios espirituais para sacerdotes, presidida polo pai Santiago Agrelo, terá lugar a celebración do rito de admisión ás sagradas ordes de Álvaro Suárez Medina e se conferirá os ministerios de lector e acólito a Salvador Calvo Berenguer-Aneiros, seminaristas maiores da nosa diocese.

A cerimonia terá lugar na capela do Seminario de Mondoñedo, sobre as 12:00 horas.

Álvaro Suárez é natural das Palmas de Gran Canaria, ten os estudos eclesiásticos xa rematados e os ministerios de lector e acólito recibidos, e reside e colabora pastoralmente na UPA de Foz. Salvador Calvo Bereguer-Aneiros é natural de Ferrol, está rematando os estudios eclesiásticos e reside actualmente no Seminario maior de Santiago.

Como recordabamos co gallo do Día do Seminario, no pasado mes de marzo, "desde fai xa décadas adoecemos na Igrexa dunha falta vocacións ao ministerio sacerdotal (…) circunstancia que nos obriga a cambiar a mentalidade e os métodos para afrontar desde a acción misioneira unha nova realidade", polo que unha noticia desta trascendencia é acollida con moita ledicia e esperanza desde tódolos ámbitos da diocese.

Unámonos á alegría deste evento e na oración por estes seminaristas.

 

Antonio Valín, administrador diocesano: «Os nosos seminaristas son unha esperanza para Mondoñedo-Ferrol»

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas