Intervención semanal del administrador diocesano a través de los micrófonos de la Cadena COPE
· XII DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO: Na primeira lectura, Deus amósase diante de Xob como o Señor do mar e do universo, acalando así as súas dúbidas. No Evanxeo, Xesús fai o milagre de tranquilizar o vento e a tormenta na barca cos seus discípulos que, asustados, amosaban a debilidade da súa fe. Xesús vai revelando a súa divindade: «Pero quen é este? Ata o vento e o mar o obedecen!». A barca no mar con frecuencia simboliza á Igrexa. Nela Cristo vai connosco e, no medio das tempestades deste mundo, das dificultades, da persecución, habemos de manter a nosa fe nel, pois nunca nos abandona. Deamos, pois, grazas ao Señor, porque é eterna a súa misericordia.
· Mañá comezan en Mondoñedo os exercicios espirituais dirixidos por monseñor Santiago Agrelo, arcebispo emérito de Tánger. Como será este retiro e de que xeito participarán nel os sacerdotes da nosa diocese? Precisamente, no último día destes exercicios espirituais teremos unha nova importante para a nosa diocese, xa que dous seminaristas maiores darán un paso importante no seu compromiso. Que pasará o vindeiro venres con Álvaro e Salva?
· Non deixamos aínda o Seminario, xa que temos que actualizar hoxe unha nova que xa avanzamos no mes de maio, pero que cambio un chisco por mor das actuais circunstancias, que é a volta do Campamento Diocesano á presencialidade. Daquela falabamos da posibilidade de que fose no mes de xullo no Colexio Martínez Otero de Foz, pero por diversos condicionantes non puido sair adiante e houbo que pensar noutras posibles alternativas. De feito, durante estas últimas semanas os membros do colectivo estiveron traballando para facelo realidade e finalmente houbo a opción de facelo de novo no Seminario de Mondoñedo, neste caso entre os días 11 e 15 de agosto.
· Para mozos e mozas un chisco máis maiores, tamén temos unha opción a nivel galego na Escola de Voluntariado de Mans Unidas Galicia. Trátase dunha proposta formativa e vivencial dirixida a mozas e mozos galegos de entre 18 e 35 años, que pretende dotalos de ferramentas e capacidades para o traballo en favor da Axenda 2030, mellorando a comprensión dos obxectivos de desenvolvemento sostible e do papel fundamental que a cidadanía, a través do voluntariado, ten para lograr superar as inxustizas e desigualdades existentes na actualidade.
· Xa que falamos de actividades de verán, non podemos esquecer o Camiño de Santiago, que desde estes últimos días conta cunha novidade importante na nosa diocese e que ten que ver co Camiño do Mar, o roteiro que pasa por diferentes localidades da Mariña e Ortegal. De feito, o responsable do Centro Internacional de Atención ao Peregrino e tamén sacerdote diocesano, Segundo Pérez, confirmaba que todos aqueles que completen esta ruta e conten coa certificación que o acredite lograrán a compostela en igualdade de condicións que outros que o fagan a través doutros camiños xa oficializados por parte da Xunta de Galicia.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















