Como se anunciou no seu momento desde a delegación Clero, a festa sacerdotal de San Xoán de Ávila, na que tradicionalmente se homenaxea aos presbíteros que celebran as súas vodas sacerdotais, non se celebrou este ano o 10 de maio. Esta homenaxe terá lugar o vindeiro 12 de xuño, xoves, no Seminario de Mondoñedo, coincidindo coa celebración de Xesucristo sumo e eterno sacerdote, xubileu do presbiterio de Mondoñedo-Ferrol.
Os sacerdotes que serán homenaxeados este 2025 son os seguintes:
· Vodas de Prata (25 anos): Rvdo. Jesús Álvarez Piñón e Rvdo. José Eduardo Silva Parada.
· Vodas de Ouro (50 anos): Rvdo. Vicente Bretal Sande.
· Vodas de Diamante (60 anos): Rvdo. Ignacio Díaz Veiga, Rvdo. Avelino González Loureiro e Rvdo. Rafael Lombardero García.
· Vodas de Platino (70 anos): Rvdo. Virgilio Barro Casabella e Rvdo. Jesús Vázquez Paz.
A acollida da xornada terá lugar ás 10:30 horas para, a continuación proceder co rezo da Hora Intermedia no aula Crecente Vega. Ás 10:45 horas desenvolverase unha mesa redonda baixo o tema «Os papas das xeracións dos homenaxeados», cun tempo de descanso e café ás 11:30 horas. Despois chegará o acto de homenaxe aos sacerdotes que celebran o seu aniversario, para rematar coa celebración da eucaristía, ás 13:00 horas, na catedral. No Serminario servirase a continuación un xantar, para o que é preciso concretar a asistencia no teléfono 982 52 10 00).
É un día de fraternidade sacerdotal, unha xornada de festa e oración que convoca a todos en torno ao Mestre para seguir a súa pegada. Parabéns aos homenaxeados!








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















