Oito sacerdotes serán homenaxeados na festa de San Xoán de Ávila

O bispo presidirá os actos que se desenvolverán mañá xoves no Seminario de Mondoñedo

Estimado compañeiro e irmán:

Novamente me poño en contacto contigo xa para concretar a celebración do noso patrón San Xoán de Ávila, o vindeiro día 10, xoves, no noso Seminario de Mondoñedo.

Recórdoche que, coma todos os anos, facémoslle unha homenaxe ós nosos compañeiros que están de aniversario con motivo dos seus 25, 50 ou 60 anos da súa ordenación sacerdotal. Concretamente este ano son os seguintes:

Vodas de prata
D. Antonio Valín Valdés e D. Francisco Pita Mon, da prelatura do Opus Dei

Vodas de ouro
D. Gonzalo Folgueira Fernández, D. Francisco Gómez García, D. José Luis García de Benito e o P. Jesús Pérez Bermúdez, CMF

Vodas de diamante
D. Serafín Rodríguez García e D. Luís García Lamas

O horario é o seguinte:
10:30-11:00h.-  Acollida e café
11:00-12:30h.- Oración. Reflexión do Sr. Bispo: “Discípulo-Sacerdote-Misioneiro”. Diálogo. Homenaxe ós compañeiros que están de aniversario
12:30h.- Descanso
13:00h.- Eucaristía na capela maior do Seminario (traer alba e estola branca)
14:00h.- Xantar compartido

Os que ides comer no Seminario avisade noteléfono 982 521 000 antes do día 7, luns. E como este ano cadra en xoves, día de mercado en Mondoñedo, podemos aparcar os nosos vehículos na pista polideportiva do Seminario.

Sen outra cousa polo de agora e contando coa túa participación, recibe unha aperta de compañeiro e irmán en Cristo Sacerdote.

Antonio Rodríguez Basanta
Delegado del Clero

 

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas