Escolléronse cinco novas vogalías, manténdose os postos de coordinación, secretariado e administración
O pasado sábado 2 de xullo procedeuse á renovación de cargos na coordinadora do Colectivo Campamento Diocesano (CCD).
En concreto, escolleronse cinco novas vogalías: Carlos de Andrés Gómez, María José de Lamas Burón, Noemí Rodríguez Pérez, María Jesús Terradillos Fernández e Simón Fernández Fernández, que continúa no cargo.
Os postos de coordinador/a, secretario/a e administrador/a non son obxecto de cambio neste proceso electoral, polo que seguirán sendo desempeñados por Baruk Domínguez Grandío, Raúl Terradillos Fernández e Antía Naveiras González, respectivamente.
DO 22 AO 31 DE XULLO, NOVA CITA EN MONDOÑEDO
Como vén sucedendo dende hai máis de 40 anos, o Colectivo Campamento Diocesano, en colaboración coa delegación de Infancia e Xuventude da nosa diocese, organiza un campamento para rapaces e rapazas (nados entre os anos 2006 e 2013) durante o mes de xullo no Seminario Santa Catarina en Mondoñedo.
Para formalizar a inscrición é necesario contactar coa organización a través de:
Colectivo Campamento Diocesano
Apartado de correos 34; 27780 Foz (Lugo)
No correo electrónico campadiocesano@hotmail.com ou na páxina web.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















