Reunión do Consello Diocesano de Pastoral en Mondoñedo

O pasado sábado, 28 de setembro, reuniuse no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo o Consello Diocesano de Pastoral. O tema central deste encontro de principios de curso moveuse en torno ao tema de realizar unha evanxelixación en clave de Primeiro Anuncio.

Hai unha semana reuníanse os delegados da comisión permanente nacional para o Primeiro Anuncio. Na reunión de Mondoñedo mantívose contacto con Javier García Rodríguez, delegado de Primeiro Anuncio de Santiago de Compostela, quen participou nesa comisión, informando dos desafíos e necesidades para pasar de comunidades de “mantenemento” a comunidades evanxelizadoras.

Contémplanse como necesidades prioritarias para o Primeiro Anuncio:
1. Xerar estructuras de Primeiro Anuncio.
2. Equipas ás persoas para o Primeiro Anuncio.
3. Involucrar a toda a Igrexa no Primeiro Anuncio.
4. Xerar unha nova cultura do Primeiro Anuncio.
5. Cambiar as nosas prioridades.
6. Invertir recursos (persoas, tempo, cartos).
7. Necesidade de traballar con estratexia (obxectivos claros, modos, medios, formas…).
8. Que o Primeiro Anuncio forme parte da pastoral ordinaria.

Tratouse tamén o tema da Escola de Evanxelización Diocesana, que proximamente comezará a tomar forma e iniciará un traballo de difusión da mesma.

No presente curso continuarase avanzando cara ao diaconado permanente e a institución de ministerios laicais en toda a pastoral diocesana, conforme ao plan iniciado o pasado curso.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas