Cáritas Mondoñedo-Ferrol presenta a súa programación que contempla concertos, conferencias, un encontro intercultural e unha camiñada inclusiva
2 xuño 2022.- Neste 2022 no que se conmemora o 75 Aniversario de Cáritas Española, sen dúbida a celebración da Semana da Caridade cobra un sentido máis especial se cabe.
Baixo o lema «Somos o que damos. Somos amor» e unha campaña (que vai ser presentada oficialmente nos vindeiros días) coa que se quere facer visible o amor polas persoas máis pobres e excluidas da sociedade como eixo transversal da misión de Cáritas, desde a nosa Cáritas de Mondoñedo-Ferrol preparouse un completo calendario de actividades para celebrar a Semana da Caridade. Os actos desenvolveranse entre o venres 10 e o domingo 19 de xuño en As Pontes, Ferrol e Vilalba, e contemplan un concerto, dúas conferencias, un encontro intercultural e mesmo unha camiñada inclusiva. Detallámolos a continuación.
Poderedes ampliar esta información visitando a páxina web: www.caritas.es/mondonedoferrol
Venres 10
Actuación conxunta dos alumnos do Conservatorio de As Pontes e a Rondalla ‘Vila de As Pontes’. Actuarán o 10 de xuño, ás 20:30 horas, diante do Concello de As Pontes (en caso de mal tempo, o concerto será na Casa Dopeso).
Mércores 15
Conferencia presencial “Hacia una sociedad de los cuidados”, a cargo de Pepe Laguna, ás 19:30 horas, no Centro Cultural «Torrente Ballester» de Ferrol.
Xoves 16
Rolda de prensa de presentación da Semana da Caridade-Corpus 2022, ás 11:00 horas no Centro de Día de Inclusión Social «Gabriel Vázquez Seijas» de Ferrol.
Xoves 16
Conferencia online “A economía do ben común: a experiencia da granxa La Fageda”, a cargo de Albert Riera, ás 18:00 horas a través da plataforma ZOOM. Inscrición previa no correo coordinación.cdmondonedo@caritas.es.
Inauguración da capela do Centro de Día de Inclusión Social «Gabriel Vázquez Seijas» de Ferrol, ás 19:00 horas, coa presenza do bispo da diocese.
Venres 17
Encontro Intercultural no Centro Recretativo de Vilalba, ás 18:00 horas.
Venres 17
Mesas de sensibilización nas rúas (Consulta no grupo de Cáritas da túa parroquia ou UPA).
Sábado 18
I CAMIÑADA SOLIDARIA INCLUSIVA Ferrol-Narón, con saída dos concellos de Ferrol e Narón ás 11:00 horas. Os dorsais xa poden recollerse nas Cáritas parroquiais de Ferrol, Narón e Meirás, e nas sedes das confrarías de Semana Santa de Ferrol (alí tamén poderedes formalizar a inscrición). O coste de cada dorsal é de 5 euros e poderanse mercar varios dorsais como doazón solidaria. A cantidade recollida nesta camiñada destinaranse aos programas de acción social de Cáritas Mondoñedo-Ferrol (acollida e acompañemento, emprego, persoas en situación de sen fogar, infancia e adolescencia, maiores en situación de soedade non desexada e voluntariado).
Domingo 19
Celebración da solemnidade do Corpus Christi. Eucaristías: catedral de Mondoñedo, ás 12:00 h.; e na concatedral de San Xiao de Ferrol ás 18:00 h. Estarán presididas polo bispo da diocese, monseñor Fernando García Cadiñanos.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















