Toponimia maior e menor de Santa Uxía de Mandiá e San Pedro de Marmancón (Ferrol)

1.- TOPONIMIA MAIOR  E MENOR DE MANDIÁ

A MAIOR:  É A DOS RUEIROS, ALDEAS, LUGARES, MONTES, RÍOS. A MENOR:  É DOS CASAIS, LEIRAS, PARCELAS, FONTES, REGACHOS. PORÉN NON É AÍNDA EXHAUSTIVA. FALTA RECOLLER A DA XENTE A PÉ DE RUIERO.

• PRIMEIRA ADVERTENCIA PREVIA DE IMPORTANCIA.
Por mor da brevidade e da lei da economía dactilográfica, suprimiuse moitas veces o artigo determinado: o, a, diante destes topónimos, que o levaban todos na fala popular dos seus propietarios e moitos deles aínda tamén nos testamentos de onde foron recollidos, neste caso por min. Aínda que nos documentos testamentarios, pola mesma lei de economía ou pola  falsa castelanización, tamén os suprimiron os mesmos amanuenses. Pero, insisto, na fala e denominación tradicional popular dos seus propietarios e veciños lévano case todos. Isto foi rigorosamente comprobado e contrastado por min, ao investigar en directo esta realidade cando tiven de actualizar a transmisión de propiedade dos nichos parroquiais e ter á vista moitos testamentos. Por iso no é exhaustiva. Falta a recollida completa da memoria oral aínda na xente de hoxe a pé de veciñanza.

• SEGUNDA ADVERTENCIA: A TOPONIMIA MENOR É A  “ANTERIOR Á CONCENTRACIÓN PARCELARIA”.
Por que o de: “anterior á concentración parcelaria”? Que ten que ver?

A Concentración Parcelaria. Sendo unha necesidade estrutural e de vital importancia para o agro galego, leva consigo unha total reestruturación, reagrupación e redivisión de parcelas.

Con ela desaparecen toda clase de ligazóns familiares coa terra e mesmo relacións viciñais. Novos camiños, novos pedreiros, novos regatos e recollidas de augas e drenaxes, novas orientacións dos ventos por modificacións de movementos de terras ou fendas abertas en outeiros, incluso as néboas levan distintos movementos segundo sexa o terreo. Iso fai que cando voltas aos lugares de orixe, pasado un tempo, xa che resulten absolutamente estraños ou mesmo descoñecidos os sitios onde pasaches moito anos da vida. Bórranse todas os vestixios e marcas identificadoras por non existiren ao deixaren de ser necesarias.

Se lles preguntamos aos rapaces novos por moitos deste nomes nin saben onde están e nin sequera saben que poidan existir.

Por iso cómpre, a tempo, deixar ben recollida e documentada a nosa civilización anterior que é multisecular e que lle deu vida a canto nos deu procedencia. Non é que este sexa o primeiro cambio histórico no agro. Pero é o que a nós nos toca vivir  e do que somos axentes e responsábeis. Por tanto sexamos coherentes. Os topónimos nosos están no risco máis grande de desaparecer por mor de moitas outras causas:

Perda do agro e da agricultura como sistema de vida e base  da economía familiar. Todo fica a inculto e a monte. Reforestación, xeneralizada, anárquica ou dirixida por intereses alleos. Especulación masiva a mans das madeireiras e outras multinacionais ou promotoras de industrias non respectuosas co medio rural e  agrario e a súa multisecular historia.  Non necesidade vital da terra da herdanza. Desvinculación de todo o da familia que non sexa funcional para o momento.. Venda irresponsábel e indiscriminada. Escasa natalidade, etc.  Perda dos marcos ou pedreiros, das lindes e dos lindeiros. Falta de transmisión oral no ámbito familiar. Cambio de cultura: do agrario ao traballo asalariado fóra da casa. O campo xa non é o lugar do traballo cotián para o sustento da vida familiar, antes coñecido e defendido palmo a palmo. Pasou xa a ser-nos un descoñecido ou un coñecido desde a superficialidade. Moitas veces unha carga pesada que se nos veu encima da que gustariamos desfacernos porque nos dá traballos e preocupacións. Non lle queremos. O campo, o rus, volvéusenos adverso. Perdéuselle a querenza. Moito pior, perdéuselle o respecto e pasou a ser nada e ninguén. Por iso tampouco importa xa para nada o nome que tivese.

Novas estradas e autoestradas que dividen lugares, soterran e destrúen canto encontran, asolagando e desviando augas, fontes, muíños, etc.

Novos intereses no subsolo que cando se descubre algo arrasan con todo o que atpoan cando chegan. Só importa a explotación correspondente sen coidar de recoller previamente canto puidera favorecer esa memoria histórica. Urbanizacións ás que se lles denomina con nomes foráneos que non recollen nin respectan o autóctono ou o desvirtúan cun castrapo arrepiante como podería ser hipoteticamente para non molestar a ninguén: Urbanización de la Villa de la Abedueiras.

Está a pasar incluso desde os Concellos e institucións. Non se valora o propio, nin a historia miúda, nin a fala popular, etc. Hai falla de consciencia. Incluso hai interés e intereses de que desaparezan, desde moitas instancias.

Tampouco está ausente a ignorancia positiva que se volta agresiva por ideoloxizazón sectaria. Hai intereses enfermizos de destrución desprezadora contra algo ou alguén.

Desarraigo xeneralizado. Colonización dos novos imperios: TV, modas, outras falas que nós prestixiamos máis, complexo do pequeno, do noso. Falla de valoración positiva do autóctono, da propia cultura a prol dos imperialismos de pensamento único e economía global, a preguiza  persoal das novas xeracións en aprender e mesmo dos máis vellos en ensinar. Os complexos de que o de nós non ten importancia,

Temos historia a pesares de nós mesmos .

PASEMOS Á TOPONIMIA XA.

A) MANDIÁ

Vén de: Villa Mandilanis>CASAL DE MANDILÁ >Mandiá
TOPONIMIA MAIOR : Corresponde aos núcleos de poboación, aldeas, lugares ou  barrios:
POIS VELAQUÍ:
Mandiá, O Chá, O Chá da Igrexa, Vilela, Bustelo, As Rabascosas, A Pedreira, O Machuco, Ferreiros, Taboada, O Regalado, Fontela, O Confurco, Rilo, A Espiñeira, Papoi, Fontá, A Boucella, As Cruces, San Pedro, Marmancón, etc. 

UN DATO ENGADIDO: Arredor do 25 de xullo de 2001, froito das reclamacións da Asociación de Veciños de Mandiá, o Concello de Ferrol puxo letreiros indicatorios nas estradas principais e nos lugares de Mandiá e Marmancón. É de agradecer.

EN MANDIÁ RECOLLÍN ESTES:
Taboada, Muíño do Vento, Estación de Radio da Mariña, O Regalado, A Pedra, Fontela, O Confurco, A Espiñeira, Rilo, Fontá, O Coto, Igrexa, O Chá, O Crabadoiro, O Pazo, A Rega, Vilela, O Bustelo, A Cruz, A Pedreira, As Rabascosas, O Menáncaro, Os Ferreiros, A Bailadora, O Furado. O Machuco.

AÍNDA UNHA ANOTACIÓN AO ‘MACHUCO’, DE  MANDIÁ:

O 11.11.2001 escoiteille ao Sr. D. Segundo Vidal, venerable ancián deste rueiro,(hoxe xa finado) que alí, na súa mesma casa, houbera desde moi antigo unha ferraría con mazo grande. Foi a resposta a unha pregunta miña. Andaba eu á pescuda dalgún dato histórico desde que escoitei o nome por primeira vez cando cheguei a Mandiá.

¿Vén de aí o nome do rueiro? Seguramente. O nome galego: macho: “Martelo grande de ferreiro. Banco que sostén a ingre do ferreiro. Ingre cadrada”  Del pasaron ao diminutivo: o machuco e logo xa lle quedou o nome ao lugar onde estaba e se traballaba co mahuco.

Tamén existe o verbo: MACHUCAR: “(do mozárabe, machuca=porra=maza<latín vulgar *matteuca) 1.-Dar golpes a algo ou a alguén. 2.- Esmagar calquera corpo co peso ou a dureza doutro”.
Outros nomes que andan arredor desta mesma realidade fundante serían os sinónimos de:
MAZA: martelo grande de ferro ou madeira.
MAZO:Especie de martelo de gran tamaño, movido mecanicamente, que utilizan os ferreiros para esmagar e estirar o ferro. É famoso O mazo de Taramundi.

“Ir ó machuco”, sería a equivalencia de ir traballar co machuco ou facer algo con el, onde o instrumento que se usa pasa a denominar a acción que se realiza con el, tan frecuente no noso idioma galego e nos outros.

Incluso puido ser, nalgún tempo, o sobrenome ou alcume co que se lle chamaba cariñosa e familiarmente ao mesmo ferreiro: “O Machuco”.

Cantas veces aos carpinteiros de antes, de tanto usaren o cepillo ou garlopa, se lles dicía: “ O Sr. Virutas ou O Virutas, mesmo Virutas”, sen máis, incluso falando con eles”.

Un familiar e padriño meu, tamén ferreiro, era coñecido xa de velliño por O Tío Caravillán. ¡Cantas portadas de ferro con pechaduras de artesanía, preciosas caravillas que chamaban a atención, deixou feitas aquel bó home, que era intelixentísimo e un verdadeiro artista no ferro. Pero sobre todo era un filósofo da existencia. A súa forxa foi sempre unha auténtica escola de vida. De novo viaxara moito e era un gran conversador. Ía ás feiras de lonxe e sabía de todo. !Tertulias aquelas de tantos saberes nas conversas que ali había na miña nenez! Era un gran moderador, ao tempo que traballaba, e gracioso coma si só. No asuntos de importancia pedíaselle sempre a súa opinión. Foi un bo conselleiro. Grazas, tío Angelito.
 

B) A TOPONIMIA MENOR: A  DAS LEIRAS E MESMO CASAIS

EN MANDIÁ

A Pexiguiera, O Lugar do Rei, Fra de Balón, Os Feás, O Reguiero, A Catalana, O Espadanal, Catabois de Arriba. Pardiñas, O Carballal, Frosín, O Agro, Foxín, A Fonte da Pena, O Chá, Rogual, Resoña, O Pumariño Grande, As Pardiñas de Abaixo, As Pardiñas de Arriba, A Cruz, A Porfía, A Porta de Xamanso, O Viouteiro, A Pena Corbeira, Os Roibás de Arriba, Roibás. Seixo Blanco, Monte da Regueira, Anguía, Tras do Corral, Tras da Fonte, A Cortiña do Rei, A Casa Vella, O Muíño do Vento, Gocende, Taboada. A Gallarda, A Pedreira, O Campo Redondo, O Cotovelo, As Laxes, Amados, A Areosa, As Rabascosas. O Río Paraño, A Revolta, As Naraxeiras, Naranxeiras, As Rozas, Vilela, O Pumar, A Pena da Besta, Bustelo, A Coviña, O Monte da Chousa, A Cocheira, A Laxe, O Cubo, O Río da Sardiña.. O Souto do Casal, O Petouto, Os Corgos, O Espiño. A Rega, O Campo da Belida, A Cuíña do Agro, O Monte Pedriña.O Crabadoiro. A Casa de Abaixo, As Cerdeiras de Abaixo, Os Fachos, Masados, A Chousa de Fantodo, A Cortiña de Ferriña, Os Castros, O Agro, Tras do Corgo, O Trovo, A Pena Corveira, Froxín, A Fonte da Pena. A Gañaría. O Calvario, O Monte. A Fonte da Pena, A Fábrica, A Pedra das Aias, Sibeiros de Abaixo e Sibeiros de Arriba. Fontela. Tra-lo Corgo. O Coto da Pedra. Taboada. Fontá. So-o-Souto. So-o-Souto de Abaixo. So-o-Souto de Arriba. A Revolta. O Cobelo. A Boucella. A Regueira. A Urxeira. Os Miojos. Miollos. A Cortiña do Xílgaro.-O Campón. O Castido. O Campo da Vila. A Horta Vella. O Lado da Cerrada de Leal. A Fonte do Sapo. A Campeira de Xibeiros.- A Panda de Xibeiros. So-os-Castros. A Fonte do Ouro.-O Monte das Casas.-O Lugar do Coxo.- O Pereiro de Abaixo. A Corredoira da Pena. O Agro do Río. As Barreiras. As Cañozas do Pinar. A Fonte da Pía.- O Corral da Costa. O Coto Vello. O Viouteiro. A Chaeira. Arriba do Regado de Broi. Broi. O Carril de Broi. Beque.-As Caseiras.- O Prado do Rei. O Canto da Fraga. O Espandal. As Regueiras.- A Boucella.- As Caseiras. O Monte das Ánimas. O Monte do Coto. A Pena Corveira. Arriba da Forxa.- A Casa Vella. A Viña.-Os Oleiros. A Vidueda. O Monte da Cabriteira. O Monte da Alabastra. O Xardín.de Arriba da Casa. O Pereiro de Abaixo. O Penso. A Xesta. As Cortiñas de Trazas. Pradeguas. O Pozo. Santa Eugenia. Zarralla do Lago. Fonte das Pedras. O Souto da Fonte das Pedras. O Souto da Costa. A Fonte do Carballo. O Río do Coxo. O Monte Calvario. O Muíño da Boucella. Vilela, O Agro da Fonte. Os Cobos. O Regueiro de Arriba. Bastida. O Prado de Vilela. O Agro da Fonte. Monte de Espadanido. Sub-Souto ou So o Souto.
 

2.- TOPÓNIMIA DE MARMANCÓN-FERROL

A) TOPÓNIMOS MAIORES.- TOPÓNIMOS PRINCIPAIS

San Pedro.- MARMANCÓN. O Monte da Alabastra.As Cruces, A Boucella Nova, A boucella Vella, Papoi.-  A Alabastra, 
Papoi, ,

NOTA DA ALABASRA. A tradición oral, que todo o mundo coñece nestas contornas, relata que nese monte encontraron hai moito tempo a imaxe da Virxe da Alabastra, a que agora  está na igrexa de Marmancón.

Hai un estudo artístico sobre dela en  Estudios Mindonienses, nº 16, 2000. Autor: PEDRO JAVIER GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, Una Virgen gótica en San Pedro de Marmancón (Ferrol).

B) TOPÓNIMOS MENORES

“ANTERIORES Á CONCENTRACIÓN  PARCELARIA”:

Sua Fonte (Suafonte=Su a Fonte) O Labraio, O Penso, O Broy, O Liñeiro, O Lugarexo, A Cabriteira de Abaixo, O Monte da Cabriteira, O Fondal da Cabriteira, A Lagoa, As Hervellas, A Pena Lastrada, O Río do Coxo, O Campo da Vila de Arriba, As Fragas, O Esperón, A Cortiña, O Coto Grande, A Zarralla de Leal, AVidueda,  O Quieroal,  A Chaeira, Oleiros, A Zarralla de Real, Os Campotes, O Coto de Piñón, O Cal do Monte Pequeno, O Anido, A Urxeira, A Caldereira, O Campón, Ponzos, O Baltasar, O Cordido, Pedra A Branca, A Fonte da Lousa, O Chacho. O Lugar da Rega, Os Caeiros, O Prado da Fonte, O Prado de Estevo, A Fonte da Pena, O Pingado. O Agro Redondo. O Pereiro. O Tesouro. O Muíño da Boucella. A Regueira.

ANOTACIÓN PARA MARMANCÓN:

Papoi, As Cruces, A Boucella Vella, A Boucella Nova, San -Pedro. MARMANCÓN. A Alabastra.

O MONTE DA ALABASTRA. A ALABASRA.

NOTA. A tradición oral, que todo o mundo sabe nestas contornas, relata que nese monte encontraron hai moito tempo a imaxe da Virxe da Alabastra que agora  está na igrexa de Marmancón.
Hai un estudo artístico  dela en  Estudios Mindonienses, nº 16, 2000. Autor: PEDRO JAVIER GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, Una Virgen  gótica en San Pedro de Marmancó (Ferrol).

 

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas