Celebrarán no Seminario as súas Vodas de Ouro, Prata e Diamante sacerdotais
O vindeiro día 10 de maio, luns, os sacerdotes da nosa diocese celebrarán a festa do seu santo patrón, san Xoán de Ávila. E aínda que seguimos en sé vacante, van celebrar a data no Seminario de Mondoñedo, baixo a presidencia do administrador diocesano, Antonio Valín Valdés. Faranno de maneira sinxela, dadas as circunstancias, e homenaxearán aos compañeiros que estiveron de vodas sacerdotais no 2020 e que están neste 2021.
Os homenaxeados son:
VODAS SACERDOTAIS 2020
Vodas de Prata (ano 1995)
– Manuel Ares Fernández
– Manuel Escariz Magariños
– José Ángel Fernández López
– Antonio Rúa Saavedra
Vodas de Ouro (ano 1970)
– Cosme Insua López
– José Carlos Moreno Barragán
– Marcos Marino Parapar Lago
Vodas de Diamante (ano 1960)
– José Bello Lagüela
– Luis Fole Freire
– Alejandro González Vidueiro
– José María López García
– Lorenzo Martínez González
– Luis Piñeiro Hermida
– Restituto Prieto Verdes
VODAS SACERDOTAIS 2021
Vodas de Prata (ano 1996)
– Jesús Iglesias Rodeiro (falecido o 21 de abril)
– Juan José Novo Gabeiras
Vodas de Ouro (ano 1971)
– Manuel García Page (falecido o 20 de febreiro)
– Luis Manuel Ledo Álvarez
– Benedicto Palmeiro Lepina
– Félix Villares Mouteira
Vodas de Diamante (ano 1961)
– Antonio Domínguez Martínez
– Manuel López Reigosa
– José Antonio Llenderrozos López
– Fernando Monterroso Carril
– Emilio Prado Piñón
– Antonio Río Ituriza
– Constantino Teijeiro Valle
– José Velo Nieto
– Antonio Luis Crespo Prieto
O planning da xornada será o seguinte:
· 10:30 h. Acollida e rezo da Hora intermedia.
· 10:45 h. Homenaxe cunha breve intervención de cada homenaxeado.
· 11:30 h. Informacións sobre a marcha da diocese e actividades previstas.
· 11:45 h. Descanso.
· 12:00 h. Eucaristía concelebrada na capela maior do Seminario.
· 12:45 h. Remate.
· 13:45 h. Xantar (Só cos homenaxeados, xa que, dadas as circunstancias do Covid-19, non poden participar todos os sacerdotes como de costume).
Doutra banda, desde a delegación do Clero anuncian que do 29 de xuño ao 2 de xullo, en Córdoba e Montilla, vaise celebrar, de forma presencial e online, o III Congreso Avilista con motivo do 75º aniversario da proclamación de san Xoán de Ávila como patrón do clero secular español: www.sanjuandeavilacordoba21.com
E tamén que está prevista unha tanda de exercicios espirituais impartidos por monseñor Santiago Agrelo no Seminario de Mondoñedo, do 21 ao 25 de xuño.