A diocese apoia os actos do 50º aniversario dos feitos do 10 de marzo de 1972

O bispo García Cadiñanos recibiu na Domus de Ferrol aos responsables da comisión organizadora, encabezada polo histórico sindicalista Rafael Pillado

16 febreiro 2022.- O pasado xoves 10 de febreiro, Manuel Fernández Pita, Rafael Pillado, Beatriz Rascado e Víctor García Novás, representando ás asociacións culturais "Fuco Buxán" e "Memoria Histórica Democrática", acompañados polo sacerdote Xaquín Campo Freire, visitaron na Domus Ecclesiae de Ferrol ao bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos.

O encontro serviu para comentarlle ao prelado o programa oficial de actos previsto na conmemoración do 50º aniversario do 10 de Marzo do 1972. Falaron da participación daquela de determinados cregos da diocese que "apoiaron as reivindicacións do movemento obreiro nas súas parroquias e da decisión de recoñecerlles o seu papel solidario, a través dunha mesa redonda, unha publicación e a proxección dun documental".

O bispo ofreceuse a colaborar e participar, en nome da diocese, a través de diferentes accións públicas, como a redacción de artigos de prensa e a elaboración dunha nota pastoral relativa a estes feitos, que se fará pública nos días previos ao dez de marzo.

Fonte: Memoria Histórica Democrática/Diocese

 

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas