No día de onte, 27 de setembro, celebrouse no santuario de San Cosme, na parroquia de Galgao, en Abadín (Lugo), a festa do San Cosme da Montaña, como se dicía tradicionalmente. Unha festa que, cada ano, reúne a moita xente da montaña e da Mariña e mesmo de terras de Asturias.
Este ano gozamos dun espléndido día, temperado, que invitaba a visitar o santuario para cumprir cos servizos relixiosos aos que cada persoa se sinta chamada e a pasalo ben coa música, coas comidas ofrecidas. Para ser un día de semana, houbo moita xente, a maior parte xente das nosas aldeas que segue atopando nos santuarios un importante sostemento para a súa relixiosidade sinxela, pero fonda.
Houbo tres misas pola mañá (ás 10, 11,30 e 13 horas) e unha pola tarde (17:00 horas). Para a misa das 13:00 horas puidemos contar coa presenza do noso bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos, quen animou a celebración coa súa presenza xenerosa, coa súa palabra viva, co seu compartir agarimoso.
Foi unha xornada espléndida, unha desas que suscitan ánimo e esperanza. Grazas a todas as persoas que contribuíron a que isto fose así.
Ofrecemos algúns dos materiais que se empregaron na celebración, por se a alguén lle poden valer para celebracións semellantes.
Oración «Eu ireia de romaría»
Benvida: Para poñer o santo en comunidade
Que nos ofrece a fe cristiá ante o mal e a enfermidade?
Crónica e materiais preparados polo equipo diocesano da Pastoral Rural.
Fotografía: Palacios. Vídeo: El Progreso A Chaira







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















