- Segrares, relixiosas e sacerdotes deseñan xuntos as liñas de traballo para a visita pastoral ao arciprestado
- Monseñor García Cadiñanos animounos a saír do “sentido parroquial” para compartir iniciativas e camiñar en clave de misión
O pasado venres 28 de novembro, na casa parroquial de Vilalba, en torno ao bispo don Fernando, constituíuse o Consello Pastoral do arciprestado de Terra Chá. Nel están representadas todas as UPA que conforman este arciprestado a través de trece segrares, a comunidade relixiosa das Misioneras de Acción Parroquial e os sacerdotes. En total, dezanove membros, cunha gran variedade de orixe, idade, condición e experiencia eclesial, o que supón unha riqueza e unha potencialidade para este novo órgano.
Dixido polo arcipreste de Terra Chá, o sacerdote Juan Basoa, no encontro expúxose que é un arciprestado, que funcións ten este Consello e que se busca coa visita pastoral. Tamén se lembraron algúns momentos da historia do arciprestado e entregouse para o seu comentario exemplares do Estatutos do Consello Arciprestal.
Pola súa banda, durante a súa intervención, o bispo diocesano propuxo un diálogo aberto sobre tres cuestións: a necesidade do arciprestado na vida eclesial, a acción evanxelizadora da Igrexa o significado da visita pastoral. Tras o diálogo, os conselleiros consideraron que a visita pastoral é un momento para que o bispo poida coñecer a a realidade, achegarse aos colectivos e institucións da zona e animar as iniciativas e procesos que se están a xestar.
O encontro rematou coa celebración da eucaristía na igrexa de Santa María de Vilalba, presidida polo bispo e concelebrada polos sacerdotes do arciprestado, na que se lle entregou aos seglares representantes no Consello o nomeamento oficial da súa elección onde se recollen as súas atribucións. Durante a homilía, o bispo animoulles a descubrir a realidade diferente que vivimos e que nos fai abrirnos a outra forma de vivir e evanxelizar, «saíndo do noso sentido parroquial para camiñar con outros», destacou.
Inaugurouse así de forma oficial a visita pastoral que neste curso monseñor García Cadiñanos fará ao arciprestado de Terra Chá. Neste apartado da web atoparedes os materiais oficiais e toda a información relativa á visita.










Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















