Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 2 de xuño de 2023. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Concha Quintela, directora da Comisión PROTEXE
Entrevista a Concha Quintela, responsable diocesana da Comisión PROTEXE (protección e acompañamento a menores, persoas vulnerables e familias) con motivo da publicación da «Guía diocesana de boas prácticas para a protección de menores». Trátase dunha ferramenta coa que se dota a Igrexa para previr e crear espazos seguros na Igrexa para os menores e persoas vulnerables, e restaurar as inxustizas cometidas a través do necesario acompañamento. O documento presentarase oficialmente na diocese ao comezo do curso pastoral 2023-2024.
Entrevista: Cándido Otero, consiliario da Hospitalidade de Lourdes
Un ano máis, a Hospitalidade de Lourdes de Mondoñedo-Ferrol convoca a peregrinación ao santuario mariano de Lourdes, que se desenvolverá entre os días 26 e 30 do mes de xuño. Para contarnos todos os detalles desta peregrinación compartimos a entrevista ao consiliario diocesano, o sacerdote Cándido Otero. O prazo de inscrición pecharase o próximo 12 de xuño.
Declaracións: Mons. Francisco José Prieto, arcebispo electo de Santiago
Recollemos as palabras do arcebispo electo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto, horas antes de de a súa toma posesión da sede compostelá, mañá sábado 3 de xuño, nunha cerimonia na que participará o noso bispo Fernando García. Felicidades, monseñor!
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.
?? Voltamos cun novo programazo de #ElEspejoMF!!
Hoxe falaremos de boas prácticas #AntiAbusos; e achegarémonos ata @DioceseSantiago para recoller as impresións do arcebispo @ObispoPrieto antes da súa toma de posesión
??? Escoitámonos ás 13:30 h. @CopeFerrol @copedelacosta pic.twitter.com/2GpIucc0Zt
— Diócesis de Mondoñedo-Ferrol (@mondonedoferrol) June 2, 2023







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















