Un ano máis, a Hospitalidade de Lourdes de Mondoñedo-Ferrol convócanos a participar na peregrinación ao santuario mariano de Lourdes, que se desenvolverá entre os días 26 e 30 do vindeiro mes de xuño.
Desde a organización infórmase que sairán da nosa diocese dous autobuses: un desde Ferrol cara ao interior, e outro desde Ortigueira pola zona de costa.
En canto ao prezo da viaxe e aloxamento estableceuse da seguinte forma: cuarto dobre, 375 euros (se non se indica previamente, a organización distribuirá as habitacións); cuarto individual, 500 euros (suxeito á dispoñibilidade do hotel).
Para realizar a inscrición é necesario contactar coa organización, ben mediante chamada telefónica, ben mediante mensaxe de Whatsapp a calquera dos seguintes números: 659 920 253 – 696 410 534. Unha vez confirmada a inscrición desde a organización proporcionarase un código persoal e o número de conta no que se deberá realizar o ingreso. No concepto do abono indicarase o nome e apelidos e o código persoal asignado. Un vez realizado o ingreso bancario haberá que enviar por Whatsapp (a calquera dos teléfonos indicados) unha fotografía do xustificante. A inscrición quedará formalizada soamente cando se reciba este documento acreditativo.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















