A Comisión PROTEXE, órgano da diocese de Mondoñedo-Ferrol responsable da protección e acompañamento a menores e persoas vulnerables, editou unha sinxela guía de boas prácticas para a protección de menores. Trátase dun material, en galego e castelán, destinado a todos os axentes de pastoral da diocese, así como aos pais e titores de menores, no que se explica, de maneira áxil e gráfica, o Protocolo de prevención e actuación fronte a abusos sexuais vixente na diocese. Como se lembrará, devandito protocolo, de carácter máis xurídico e amplo, foi aprobado polo bispo Fernando García Cadiñanos hai exactamente un ano.
Agora, con este material, preténdese completar o protocolo e ofrecer unha guía básica e completa, de fácil acceso e amplamente difundida, co obxectivo de seguir creando nas parroquias espazos protexidos para a infancia. Como se indica na introdución á guía, “o obxectivo final é crear un sistema de protección integral ás persoas, fomentando a cultura dos bos tratos nas institucións relixiosas diocesanas e creando contornas seguras para as relacións humanas”.
Con este novo paso, a diocese de Mondoñedo-Ferrol avanza no seu compromiso polo coidado das persoas, especialmente dos menores e persoas vulnerables, buscando erradicar o mal dos abusos do seo da Igrexa e da sociedade. Nos vindeiros días comezará a difundirse amplamente nas parroquias e demais institucións relixiosas da diocese. Para o próximo curso programaranse varios encontros informativos con diferentes axentes que a dean a coñecer e avancen na formación e prevención ante os abusos.
A Comisión PROTEXE está formada por cinco persoas especialistas en diferentes campos do saber: xurídico, psicolóxico, comunicativo, espiritual. Ten como misión acoller calquera denuncia que se poida dar por abusos a menores, así como acompañar e asesorar cando se produzan estes casos. A súa misión tamén na de iniciar procesos formativos no seo da Igrexa que axuden a detectar situacións de abuso e, sobre todo, previr. Para iso, está a participar en diferentes encontros que se teñen a nivel nacional e, de cara ao próximo curso, están a preparar algunha sesión específica que siga expresando o compromiso eclesial neste campo.
Descarga: Guía diocesana de boas prácticas para a protección de menores (Español)
Descarga: Guía diocesana de boas prácticas para a protección de menores (Galego)
Máis información: protege@mondonedoferrol.org







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















