Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 14 de abril de 2023. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Rocío Ameneiros, directora da Cátedra Diocese-UDC
Entrevista á directora da Cátedra Diocese-UDC, a profesora da Facultade de Humanidades e Documentación de Ferrol, Rocío Ameneiros Rodríguez, iniciativa conxunta que comeza a vindeira semana o seu camiñar cun ciclo de conferencias no Campus Industrial. Con ela analizaremos os obxectivos desta cátedra, que suporá para ambas institucións e como redundará a nivel académico, patrimonial e social.
Entrevista: Benito Méndez, director do anuario «Estudios Mindonienses»
Co responsable diocesano da Cátedra Diocese-Universidade, Benito Méndez Fernández, analizamos o programa oficial do I Ciclo de Conferencias que acaba de presentarse, centrado no tema «O misterio de Deus e do home nos antigos arquivos e bibliotecas». A cita será, en doble xornada, no Salón de Graos do Campus Industrial de Ferrol, os vindeiros 19 e 26 de abril.
Doutra banda, tamén falamos da homenaxe que está a preparar o consello de redacción da revista ao teólogo Segundo Pérez López. Esta semana coñeciamos que o vindeiro volumen de «Estudios Mindonienses» será un número conmemorativo dedicado ao sacerdote guitiricense, que celebrará neste 2023 as súas vodas de ouro sacerdotais.
E para rematar, analizamos o proxecto de creación dunha grande biblioteca de estudios humanísticos, relixiosos e históricos na cidade de Ferrol, unha idea que nace vencellada á creación da cátedra e que a diocese xa está a tratar. Pero crear unha biblioteca non é algo doado, levará moitos anos e necesitará financiación, tanto pública como privada.
Para pensar: «El verdadero significado de la Pascua, el comienzo de una nueva vida»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade reliziosa da nosa diocese. Durante este mes de abril encárganse de preparala as Hermanas Apostólicas de Cristo Crucificado de O Barqueiro.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















