Presenta Javier García y coordina Baruk Domínguez
Intervención semanal del administrador diocesano a través de los micrófonos de la Cadena COPE
· II DOMINGO DO NADAL: O segundo domingo do Nadal ofrécenos a posibilidade de seguir contemplando o acontecemento do Verbo feito home; de feito, hoxe proclámase o mesmo evanxeo que o día de Nadal. Asemade, as lecturas amósannos a contemplación da Sabedoría de Deus personificada en Xesucristo, que pon a súa tenda no medio do seu pobo, e lémbrannos que grazas á encarnación e nacemento do Señor todos podemos ser fillos de Deus.
· Comezamos este novo ano 2021 coa esperanza de deixar atrás o peor dun 2020 marcado pola pandemia. Estes días son os propios para facer balance do que se fixo e, tamén neste caso, do que non se puido chegar a facer. Tamén son xornadas de desexos, promesas e moita expectación de cara aos vindeiros meses. ¿Que resumo se pode facer deste 2020 e que podemos agardar do ano que vimos de comezar?
· Monseñor Luis Ángel de las Heras xa destacaba hai uns meses que este 2021 é Ano Santo Compostelano e, de feito, xa puidemos asistir á súa “inauguración oficial” o pasado xoves 31 de decembro coa apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago. ¿Que significa esta celebración para a nosa diocese? ¿E que cuestións especiais temos que ter en conta para atender ou asistir aos peregrinos que poden pasar polas nosas terras nestes tempos de pandemia?
· Con todo, o curso seguirá adiante. Temos en marcha a implantación do Plan Diocesano de Unidades Pastorais, a actividade formativa e asitencial de Cáritas DIocesana e das Cáritas Parroquiais ou a volta á “normalidade” das confrarías de Semana Santa de cara á vindeira primavera. Será un curso para recuperar moito do que quedou pendente do anterior…
· Falamos tamén dunha iniciativa telemática que este ano volverá, se Deus quere, á presencialidade: o Campamento Diocesano de Mondoñedo-Ferrol. Nos últimos días tivo lugar unha asemblea de Nadal na que se aproveitou para falar da realización deste evento, unha prioridade diocesana para a evanxelización dos máis novos.
«Esperamos con moita ilusión o ano que ven, superar esta situación de pandemia e afianzar a esperanza e o espíritu de esforzo»