‘Habla la Diócesis’ (27.06.2021): Sagradas órdenes + Novos aforos + Fin de curso nas vigairías

Intervención semanal do administrador diocesano a través dos micrófonos da Cadena COPE

· XIII DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO: A primeira lectura de hoxe dinos que «Deus creou ao home incorruptible e fíxoo a imaxe do seu propio ser; mais por envexa do diaño entrou a morte no mundo». O Fillo de Deus fíxose home para vencer ao pecado e á morte, cando morreu na cruz e resucitou. Xa na súa vida pública, anunciou esta vitoria cando resucitaba aos mortos, como é o caso do Evanxeo de hoxe, a resurrección dun xefe da sinagoga, ao que pediu unicamente que tivese fe. Pidamos ao Señor vivir sempre no esplendor da verdade, o esplendor da fe, pola que venzamos as tebras do erro, o pecado e a morte.

· Neste tempo de festas e romarías, onde vimos de celebrar o San Xoán e imos cara o San Pedro e San Paulo, temos un respiro en forma de relaxación das medidas restrictivas contra a Covid. Desde onte xa comezamos a non usar a máscara en exteriores cando podemos garantir a distancia de metro e medio cos outros viandantes, pero tamén estreamos novidades no tocante a aforos en lugares de culto e menos limitacións, por exemplo, nos actos fúnebres.

· Falamos tamén dos actos diocesanos que tivemos esta semana, ambos relacionados e ambos no Seminario de Mondoñedo, xa que alí estivo o arcebispo emérito de Tánger, Santiago Agrelo, dirixindo uns exercicios espirituais para sacerdotes, que remataron cun “rito de paso” importante para dous seminaristas maiores da diocese de Mondoñedo-Ferrol.

· Xa que falamos de balance, tamén estes pasados días houbo reunións do que eran as antigas vigairías para falar deste curso que ven de rematar e do vindeiro 2021-2022. Que podemos salientar como o máis destacado destes encontros?

· Falamos doutras reunións, neste caso a nivel máis xeral, xa que estes pasados días xuntouse a comisión permanente da Conferencia Episcopal Española para falar da situación da nosa Igrexa e dos proxectos de futuro. Que destacamos, sobre todo no que poida ter que ver coa nosa diocese?

· BREVES: Incidente sufrido por Román Escourido, sacerdote de Viveiro ao que lle entraron de madrugada a roubar na súa casa; festival MindoMúsica, que do 1 ao 4 de xullo dará vida a importantes obras musicais do arquivo catedralicio mindoniense.

 

«Xesús faise presente curando, sanando, reintegrando, volvendo a dignidade ás persoas»

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas